Unai Egiluz Arroyo, nado en Durango o 19 de marzo de 2002, é un futbolista vasco que xoga como defensa central no Mirandés, da Segunda División, cedido polo Athletic Club.

Traxectoria Formado nas canteiras do SCD Durango e do Athletic de Bilbao, debutou co CD Basconia na Terceira Federación o 5 de setembro de 2021, nun empate sen goles ante o Barakaldo en Lasesarre. Para a tempada 2022/23 foi ascendido ao Bilbao Athletic, da Primeira Federación, e no verán de 2023 foi un dos xogadores elixidos para facer a pretemporada co primeiro equipo do Athletic.

O 1 de novembro de 2023 debutou en partido oficial co Athletic, nunha vitoria por 2-1 sobre a UE Rubí na Copa do Rei, competición que acabou gañando o seu equipo. Continuou a tempada como titular no filial, conseguindo o ascenso dende a Segunda Federación.

Para a tempada 2024/25 foi cedido ao Mirandés, da Segunda División.

Palmarés Athletic Club Copa do Rei (1): 2023/24.

Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Durango, Biscaia Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do CD Mirandés