Richard Nicolaüs Roland Holst, nado en Ámsterdam o 4 de decembro de 1868 e finado en Bloemendaal o 31 de decembro de 1938, foi un pintor, debuxante, gravador e deseñador simbolista neerlandés.

Traxectoria miniatura|O construtor (1919), Rijksmuseum, Ámsterdam Foi fillo de Adriaan Roland Holst e Sabina Posthumus. Casou coa poetisa Henriette Roland-Holst en 1896. Estudou na Rijksacademie van Beeldende Kunsten de Ámsterdam. As súas primeiras obras enmarcáronse no impresionismo, mais desde 1891 iniciouse no simbolismo. Do mesmo xeito que Jan Toorop e Johan Thorn-Prikker, os outros expoñentes do simbolismo neerlandés, tivo contactos co grupo belga Lles Vingt e cos Rosacruz. Na súa obra evidénciase a influencia de Dante Gabriel Rossetti, James McNeill Whistler e Aubrey Beardsley. Desde 1900 dedicouse á arte monumental.

Véxase tamén

Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Pintores dos Países Baixos