A Fontesanta é un lugar desaparecido da parroquia dos Buxantes no concello coruñés de Dumbría, na comarca de Fisterra. Non consta no Nomenclátor de Galicia (2003).
Demografía
Está despoboado desde que en 1810, durante a guerra da Independencia española, as tropas franceses arrasasen o lugar ao seu paso, matando algúns dos seus habitantes, e fuxindo o resto.
Segundo o Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas en 1761 tiña un veciños: Isidro Míguez de 54 anos, pai de Domingo de 29, e fillo de Domingo, de 70).
Patrimonio miniatura|Recordos que deixan os peregrinos no altar exterior da capela. No lugar, a carón do Camiño de Fisterra-Muxía, sitúase unha capela baixo a advocación da Nosa Señora das Neves, de finais do século XV pero reconstruída posteriormente. Na fachada principal posúe un pequeno rosetón, común na arquitectura románica e gótica. No muro norte ábrese unha sinxela porta lateral e ó seu carón, baixo un soportal, un pequeno altar onde se fan as celebracións masivas e as romarías.
Lugares e parroquias Lugares da parroquia dos Buxantes
Parroquias de Dumbría
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Dumbría
Fontesanta, A Categoría:Lugares ausentes no Nomenclátor de Galicia