A Sociedade de Estudantes de Estonia (en estoniano, Eesti Üliõpilaste Selts; acrónimo : EÜS; en alemán, Verein Studierender Esten; en latín, Societas Studiosorum Estonorum) é a maior e máis antiga sociedade de estudantes masculinos de Estonia. Foi fundada na Universidade de Tartu pasou por diferentes etapas e, en 1988, foi restablecida en Tartu. Na actualidade, conta con preto de 900 membros en Estonia e no estranxeiro.

Historia

Fundación A sociedade foi fundada o 7 de abril de 1870 (26 de marzo do calendario xuliano vixente no Imperio Ruso) na Universidade de Tartu por 5 estudantes e 3 intelectualis estonianos, entre eles Johann Voldemar Jannsen, baixo o nome de Vironia, o nome latino de Virumaa. A orixe está relacionada con Jakob Hurt, un lingüista estoniano que traballara como profesor nun ximnasio de Tartu entre 1868 e 1872 e que convidara a estudantes estoniano á súa casa para ler Kalevipoeg, publicado en 1862.Zetterberg (2017), p. 178 A partir destas noites naceu a Sociedade de Estudantes Estonianos.

Creada, inicialmente, de xeito informal, reuniu estudantes da nación estoniana (os estudantes foron agrupados despois en nacións, segundo a súa orixe, como na maioría dos países escandinavos) pero pronto sufriron o rexeitamento das sociedades oficiais de estudantes alemáns-bálticos. O motivo da reunión, foi a lectura da epopea nacional estoniana Kalevipoeg e formarse e compartir coñecementos sobre a cultura estoniana. Estas persoas decidiron continua-las reunións posteriormente e, esta decisión, constituíu a base da Sociedade de Estudantes de Estonia, que se converteu na primeira asociación étnica de estudantes estonianos. Década de 1880 En 1881, Vironia adoptou o azul, o branco e o negro como cores, que se converterían posteriormente nas cores da bandeira de Estonia. A primeira aparición pública destas cores foi nun sombreiro que levaba Aleksander Mõttus, membro da asociación. Porén, as sociedades oficiais agrupadas no Chargiertenconvent, que negaban a asociacións non recoñecidas o dereito a exhibir cores simbólicas, conseguiron a súa expulsión da Universidade de Tartu por ese feito.

O 16 de febreiro de 1883, Vironia recibiu o recoñecemento oficial como asociación cultural e académica e foi rebautizada como Sociedade de Estudantes Estonianos (Verein Studierender Esten en alemán, a lingua da Universidade) converténdose no seu primeiro rexistro oficial. A seguir, o 26 de marzo de 1884, por iniciativa de Paula Hermann (esposa de Karl August Hermann), os estudantes fixeron tecer unha bandeira de seda azul, branca e negra, que foi o primeiro exemplo da bandeira de Estonia.

A partir de 1889, a sociedade comezou a publicar a súa revista na que aparecían artigos científicos, ensaios e textos literarios.

Fraternitas Viliensis (1890) En 1890, a sociedade intentou establecerse como Fraternitas Viliensis; un xeito de asociación segundo o modelo das asociacións de estudantes do Báltico alemán que fora adoptada por outras asociacións. Mais a súa creación foi vetada por Nikolai Lavrovsky, que naquel momento era o xefe do distrito educativo de Riga. Este foi o último gran intento de crear unha sociedade estudantil de Estonia como asociación. Os intentos posteriores remataron coa división dos membros e a creación da corporación Fraternitas Estica en 1907 e Sakala en 1909, que se crearon imitando as asociacións alemás do Báltico. miniatura|Desfile de membros da EUS.

Século XX En 1902, rematouse o novo edificio da sede, a partir do deseño de Georg Hellat, un dos primeiros arquitectos profesionais de Estonia. A cerimonia de inauguración tivo lugar os días 10 e 11 de setembro de 1902. Algunhas tradicións, como as clases de esgrima obrigatorias, que eran propias da sociedade, foron abolidas en setembro de 1904.

Durante a Guerra de Independencia (1918-1920) O 24 de novembro de 1918, a Sociedade de Estudantes de Estonia decidiu unirse plenamente ás tropas de Estonia na loita pola independencia. Uns 13 membros perderon a vida e 63 estudantes e antigos alumnos foron galardoados coa Cruz da Liberdade.

Durante a independencia de Estonia (1920-1940) En 1925, Johan Kopp publicou o seu libro "Eesti Uliopilaste Seltsi ajalugu I. 1870-1905" (Historia da Sociedade de Estudantes Estonianos I. 1870-1905). O edificio foi ampliado en 1930 segundo o deseño do arquitecto Arturs Kirsipuu.

Estrutura A organización está formada por dúas persoas xurídicas:

Sociedade de Estudantes de Estonia, que é a organización fundada en 1870 e rexistrada o 30 de decembro de 1988 pola Universidade de Tartu e a Administración da cidade de Tartu. Asociación de antigos alumnos da Sociedade de Estudantes de Estonia, fundada en 1884 e rexistrada de conformidade coa Lei de asociacións sen ánimo de lucro da República de Estonia o 8 de marzo de 1995 (número de rexistro 80055073).

Símbolos miniatura|Escudo de armas da Sociedade de Estudantes de Estonia.

Bandeira En 1881, EÜS decidiu adoptar unha combinación das cores azul, branca e negra como bandeira e a primeira bandeira fíxose en 1884. Mais como en Tartu non se permitía empregar publicamente esa bandeira, foi festexada o 4 de xuño de 1884 en Otepää. A bandeira adquiriu unha significación nacional a comezos do século XX, cando o Goberno Provisional da República de Estonia a declarou como bandeira nacional oficial. Por outra banda, resulta significativo que esta decisión non se rexistrase oficialmente no xornal Riigi Teataja (Boletín do Estado).

Esta primeira bandeira da Sociedade, está exposta no Museo Nacional de Estonia e foi mostrada na Igrexa de Otepää, en xuño do 2004, durante as celebracións do 120 aniversario da bandeira e, en febreiro de 2008, durante o 90 aniversario da República de Estonia na Igrexa de Santa Isabel en Pärnu.

Escudo de armas O actual escudo de armas fora creado en 1890 cando a sociedade intentou establecerse como a Corporación Fraternitas Viliensis. Consta de tres bandeiras, un casco de cabaleiro, un escudo e unha coroa de carballo. Na marxe superior esquerda do escudo hai un libro branco aberto. O título do libro é a frase Carpe diem, que non significa "Goza do momento", como se adoita traducir mal, senón "Goza do día", que se pode interpretar como un principio básico da sociedade. O lema é o refrán latino: Fortiter in re suaviter in modo, que significa "Firme na acción, amable no manexo". Escríbese como a abreviatura "F.I.R." no lado esquerdo e "S.I.M." no lado dereito da coroa.

Membros significativos

Fundadores

Andreas Kurrikoff Heinrich Rosenthal Gustav Treffner Hugo Treffner Martin Wühner Jakob Hurt Wilhelm Eisenschmidt Johann Voldemar Jannsen

Outros membros antigos

Karl August Hermann Jaan Tõnisson Gustav Suits Gustav Ränk Jaan Kross

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hein, Ants. Maja kui sümbol: Eesti Üliõpilaste Seltsi hoone Tartus. 2007. Kõpp, Johan. Eesti Üliõpilaste Seltsi Ajalugu 1870–1905, I. Tartu, 1925. Grönberg, Artur. Eesti Üliõpilaste Seltsi ajalugu. II, Iseseisvuse eelvõitluses (1906–1917). Omariikluse saavutustes (1918–1940), Montreal, 1985. Vivat Academia: üliõpilasseltsid ja -korporatsioonid Eestis. Tallinn, 2007.

Outros artigos

Espertar nacional estoniano Universidade de Tartu

Categoría:Ensino en Estonia Categoría:Nacionalismo estoniano