Ermelinda Seguín Matías, máis coñecida como Ermelinda do Muíño ou Hermelinda do Muíño, nada en Sas (Sarreaus) en 1924 e finada no mesmo lugar en 2013, foi unha cantareira galega.

Traxectoria Traballou e viviu durante máis de trinta anos nun muíño. O seu tío era Ángel López, o cego de Sas.

Destacou polo seu amplo repertorio de romances e cantares de reis, de rolda, de cego e de fiadeiro. Tocaba a lata.

Homenaxes e influencia Foi protagonista do capítulo número 19 do programa Alalá. Foi homenaxeada en 2008 no V día do Orgullo Gaiteiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Sarreaus Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas