Luis Miguel "Luismi" Cruz Hernández, nado en El Puerto de Santa María o 23 de maio de 2001, é un futbolista español que xoga como extremo no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Formado na canteira do Sevilla FC, pasou polo equipo C e polo Sevilla Atlético, antes de debutar co primeiro equipo na Copa do Rei o 15 de decembro de 2021, ante o CE Andratx. O 22 de xaneiro de 2022 disputou ante o Celta de Vigo o seu primeiro partido na Primeira División e dous meses despois debutou tamén na Europa League ante o West Ham. Xogou un total de 55 partidos co filial sevillista, co que anotou 8 goles. Con todo, ao remate da tempada 2021/22 o conxunto andaluz descendeu á Segunda Federación.

Na tempada 2022/23 saíu cedido ao Barcelona Atlètic, da Primeira Federación. Ás ordes do mexicano Rafa Márquez, foi titular na maioría de xornadas, formando habitualmente ataque xunto a Estanis e Roberto Fernández. Tras acabar na cuarta posición, o filial catalán accedeu á promoción de ascenso e na ida da primeira eliminatoria Luismi Cruz protagonizou unha memorable actuación fronte ao Real Madrid Castilla no estadio Johan Cruyff, con dous goles e unha asistencia para o 4-2 final. Con todo, o club branco acabou remontando a eliminatoria no partido de volta e deixou fóra ao Barça Atlètic. Pechou o seu paso por Barcelona con 37 partidos, 8 goles e 8 asistencias.

Na campaña 2023/24 foi cedido ao Tenerife, da Segunda División. Con Asier Garitano como adestrador disputou 33 partidos, 25 deles como titular, e marcou catro goles. O seu bo rendemento propiciou que en xuño de 2024 asinase un contrato permanente de tres anos co Tenerife. Indiscutible no ataque tinerfeño, os seus dous goles e oito asistencias foron insuficientes para salvar o equipo do descenso á Primeira Federación.

En xullo de 2025 foi traspasado ao Deportivo da Coruña por unha cifra próxima ao millón de euros. Aínda que tivo un rendemento irregular na súa primeira tempada na Coruña, disputou un total de 43 partidos, 31 deles como titular, sendo un dos xogadores máis utilizados por Antonio Hidalgo. Comezou xogando na banda pero avanzada a tempada foi desprazando a súa posición máis cara ao centro do campo, onde rendeu a mellor nivel. Marcou tres goles e sumou máis de 10 asistencias, contribuíndo ao ascenso do equipo galego á Primeira División.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiEuropa LeaguePromociónsInclúe partidos de promoción a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesSevilla C2017/18Terceira10------102018/19Terceira10------102019/20Terceira31------31Total club5100000051Sevilla Atlético2018/19Segunda B30------302019/20Segunda B10------102020/21Segunda B223------2232021/221ª RFEF295------295Total club558000000558Sevilla2021/22Primeira201010--40Barcelona Atlètic2022/231ª RFEF356----22376Tenerife2023/24Segunda31321----3342024/25Segunda38200----382Total club695210000716Deportivo da Coruña2025/26Segunda40330----433Total carreira2062361102211526

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en El Puerto de Santa María Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña