Jon Karrikaburu Jaimerena, nado en Elizondo o 19 de setembro de 2002) é un futbolista navarro que xoga como dianteiro no Racing de Santander, da Segunda División, cedido pola Real Sociedad.

Traxectoria Formado como futbolista na canteira da Real Sociedad, debutou co equipo C na Terceira División con 17 anos, nun partido ante o Pasaia.

Pechou a súa primeira tempada co segundo filial, con 10 goles, cifra que superou na seguinte campaña, na que marcou 22 goles en só 20 partidos co equipo C, incluíndo senllos tripletes ante o Aurrerá Ondarroa e o Balmaseda e catro tantos nunha goleada por 6-1 sobre o Deusto.

O 28 de marzo de 2021 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División B ante o Alavés B, marcando un dos catro goles do seu equipo (4-1). Anotou tres goles máis co filial esa campaña, incluíndo o gol na prórroga da final da promoción de ascenso contra o Algeciras, co que o Sanse adestrado por Xabi Alonso regresou á Segunda División 59 anos despois.

O 30 de setembro de 2022 debutou co primeiro equipo da Real, nun partido da Europa League ante o Monaco no que saltou ao campo como substituto do seu antigo compañeiro no xuvenil Mikel Oyarzabal.

Para a tempada 2022/23 subiu ao primeiro equipo, onde tivo pouco protagonismo, polo que no mercado invernal saíu cedido ao Leganés, da Segunda División. A continuación foi cedido sucesivamente ao Alavés, o Andorra e o Racing de Santander.

Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Navarra Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21