Edgar Kant, nado en Talín o 21 de febreiro de 1902 e finado en Lund o 16 de outubro de 1978, foi un xeógrafo e economista estoniano. Sentou as bases da xeografía urbana de Estonia. As súas principais actividades foron o estudo da situación xeopolítica de Estonia, a xeografía urbana do país e a edición de "Atlas de Estonia".
Traxectoria En 1928 licenciouse na Universidade de Tartu. Dende 1934 foi lector (dende 1936 profesor) na Universidade de Tartu.
Dende 1938 foi membro da Academia de Ciencias de Estonia; tamén foi o xefe do departamento de ciencias humanitarias.
En setembro de 1944 marchou a Suecia onde traballou na Universidade de Lund.
Notas
Categoría:Nados en 1902 Categoría:Nados en Talín Categoría:Finados en 1978 Categoría:Profesores da Universidade de Lund Categoría:Profesores da Universidade de Tartu Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu