Sofía Ruvira, nada en Ourense o 19 de maio de 1996, é unha investigadora, artista e escritora galega.

Traxectoria Moi nova a familia trasladouse a Allariz onde pasou a infancia e adolescencia. Con 18 anos marchou a Madrid para estudar psicoloxía, filosofía e danza clásica e contemporánea. Cursou un posgrao en filosofía na USC e en 2021 recibiu unha bolsa Fulbright para estudos artísticos e trasladouse a Nova York. Traballa a performance, danza, teatro, escritura e arte multimedia na pescuda de relacións vencelladas á memoria, o corpo, a natureza e a palabra. Participou nos festivais IHRAF (Nova York 2024) e PAUSA (Queens NY 2023), no ciclo MEXER (MIHL, Lugo 2022) e na exposición Cultivar Invertezas (CGAC, Santigago 2021). Colaborou con medios como Nós Diario e Praza.gal. Fai o seu doutoramento en literatura na Universidade Yale.

Obras En castelán El arte de traspasar la escritura (2026) Barlin Libros. ISBN: 979-13-87687-14-4.

En galego Os corpos fráxiles (2024).«Os corpos fráxiles», un suxestivo debut Allariz: Aira. 88 páxs. ISBN 978-84-128581-9-8. Canícula (2025).Sofía Ruvira publica 'Canícula': "O papel das escritoras de todas as idades é falar, escribir e promover a lingua galega" Santiago: Laiovento. 74 páxs. ISBN 978-84-128581-9-8. Poesía.

Obras colectivas

Letras con morriña (2023). Deza Migrante.

Premios

2026: X Premio Illa Nova de Narrativa por Dos afectos, o río. 2024: Terceiro premio Xuventude Crea de poesía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sofia Ruvira - WO+rd Ficha da autora en Aira Editorial. Entrevista en La Región.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1996

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes