Benita Gil Lamiel, nada en La Ginebrosa (Teruel) o 14 de xaneiro de 1913 e finada en Praga o 26 de xullo de 2015, foi unha mestra e coordinadora sindical española.

Entrevistada en Praga aos seus 101 anos, ao serlle concedida a encomenda da Orde de Isabel a Católica ao mérito civil, explicaba así as circunstancias do seu longo exilio: «Era mestra, e sempre considerei que se quedaba botaríanme do ensino».

Traxectoria Filla dun agricultor, Benita Gil Lamiel pasou a súa infancia en La Ginebrosa, aínda que todo o núcleo da súa familia procedía e residía en Mas de las Matas. Alí foi á escola entre os 11 e os 14 anos. En 1928 a familia trasladouse a Zaragoza, onde fixo a carreira de Maxisterio entre 1928 e 1932. Integrada na Agrupación Provincial de Mestres de Primeiro Ensino en Zaragoza, durante a guerra civil española foi docente en Alcañiz (Teruel) e desde abril de 1938 en Llançà (Xirona), circunstancia que facilitou a súa saída de España. En xaneiro de 1939 exiliouse en Francia, onde casou con Felipe Serrano, tamén mestre e compañeiro seu desde 1938, con quen tivo dous fillos. Entre 1939 y 1951 viviron en Laroque-d'Olmes (Ariège).

En 1950 o seu marido foi expulsado de Francia. Foi acollido, xunto a outros moitos españois, en Checoslovaquia e destinado a Ústí nad Labem, no norte de Bohemia. O ano seguinte, en decembro de 1951, Benita e os seus fillos, xunto cos familiares doutros españois, foron reunidos en Toulouse, onde un tren nocturno os levou a Praga. Traballou durante oito anos de operaria nunha empresa téxtil, ata que ao comezo da década de 1960 trasladáronse á capital checoslovaca. Benita, militante do Partido Comunista de España, traballou na Federación Sindical Mundial (FSM), organización na que operaría como intérprete de francés e secretaria da Sección Latinoamericana durante 17 anos. En 1980 regresou co seu marido á España democrática. En 1982 puido votar nas primeiras eleccións democráticas, ás que acudiu cunha rosa na man nun acto cheo de simbolismo. Con todo, doce anos despois, en 1992, regresaron a Praga para estaren preto dos seus fillos e netos.

Finou en Praga aos 102 anos de idade.

Recoñecementos Amais da mencionada Encomenda, o 27 de marzo de 2014 foille concedido o «Título de Embaixadora de Mas de las Matas» e a «Medalla da Fiel Vila de Mas de las Matas».

Notas

Categoría:Comunistas de España Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores de España