Adam Henryk Małysz ([adam maȗiʃ]), nado en Wisła o 3 de decembro de 1977, é un saltador de esquí polaco, gañador de dúas medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno e catro medallas de ouro nos Campionatos Mundiais na modalidade de saltos de esquí. Catro veces gañou a Copa do Mundo de Esquí (2001/2002, 2002/2003, 2003/2004 e 2006/2007), sendo o primeiro saltador que o fixo tres veces seguidas. 17 veces gañou o título dos Campionatos de Polonia en salto de esquí e tres veces obtivo o título de Mellor Deportista de Polonia.
Małysz comezou a súa carreira cando tiña tan só seis anos. En 1994 por primeira vez na súa vida saltou na competición da Copa do Mundo. Tamén nese ano, en Innsbruck gañou os primeiros puntos na clasificación xeral deste torneo.
Adam Małysz gañou o seu primeiro concurso da Copa do Mundo en Oslo en 1996. En 2001 gañou o Torneo dos 4 Trampolíns. Na tempada 2001/2002 gañou a Copa do Mundo sendo o primeiro representante de Polonia na historia dos saltos en facelo. Nos XIX Xogos Olímpicos de Inverno no ano 2002, en Salt Lake City, gañou dúas medallas: o bronce no trampolín K-90 e a prata no K-120.
En 2001, dúas veces en 2003 e en 2007 gañou o título de Campión Mundial.
Categoría:Saltadores de esquí olímpicos de Polonia Categoría:Nados no condado de Cieszyn Categoría:Nados en 1977 Categoría:Orde de Polonia Restituta Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Polonia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Polonia Categoría:Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 Categoría:Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 Categoría:Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 Categoría:Medallistas olímpicos en salto de esquí Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010