Santosh (en ) é un filme británico de 2024 rodado en lingua hindi e escrito e dirixido por Sandhya Suri. É unha coprodución internacional entre o Reino Unido, a India, Alemaña e Francia. Ambientada no norte da India rural, está protagonizada por Shahana Goswami como unha viúva que herda o traballo de policía do seu defunto marido.
Foi escollido como candidato do Reino Unido para o Óscar ao mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.
Sinopse Conta a historia dunha viúva de 28 anos que toma o traballo do seu defunto marido como policía e ten que investigar o caso do asasinato dunha moza.
Personaxes Shahana Goswami como Santosh Saini Sunita Rajwar como Geeta Sharma Sanjay Bishnoi como Beniwal Kushal Dubey como Vikram Nawal Shukla como Thakur Pratibha Awasthi como Priya
Production A rodaxe produciuse durante 45 días entre agosto e outubro de 2023 en Lucknow, na India.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Reino Unido propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de BBC Films