Reinas é un filme de 2024 dirixido por Klaudia Reynicke a partir dun guión escrito por ela mesma xunto con Diego Vega. Está protagonizado por Abril Gjurinovic, Luana Vega, Jimena Lindo, Gonzalo Molina e Susi Sánchez. É unha coprodución entre Suíza, o Perú e España.
Foi escollido como candidato de Suíza para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse No Perú da década de 1990, dúas irmás adolescentes están a piques de abandonar o seu país cando se reconectan inesperadamente cun pai ausente. Esta relación amplificará e aliviará a súa dor polo cambio.
Personaxes Abril Gjurinovic como Lucía Luana Vega como Aurora Jimena Lindo como Elena Gonzalo Molina como Carlos Susi Sánchez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suíza propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes ambientados en 1992 Categoría:Filmes rodados no Perú Categoría:Filmes ambientados no Perú