O pobo zuni (en zuni: A:shiwi; anteriormente soletreado zuñi) é un pobo indíxena americano orixinario do val do río Zuni. O pobo zuni é hoxe unha tribo recoñecida federalmente como a Tribo Zuni da reserva Zuni, Novo México, e a maioría vive en Zuni Pueblo no río Zuni, un afluente do río Pequeno Colorado, no oeste de Novo México, nos Estados Unidos de América. Zuni Pueblo atópase a 55 km ao sur de Gallup, Novo México. Tradicionalmente, os zunis vivían en casas de adobe de varios niveis. Ademais da reserva, a tribo posúe terras no condado de Catron, Novo México e no condado de Apache, Arizona."Welcome", Pueblo of Zuni, (consultado o 13 de febreiro de 2011) Os zunis chaman á súa terra natal Halona Idiwan'a ou "Lugar do medio". Crese que o termo zuni deriva de sɨ̂‧ni, termo da lingua keres (do pobo coma), ou unha súa afín.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Adair, John. The Navajo and Pueblo Silversmiths. Norman: University of Oklahoma Press, 1989. . Cushing, Frank Hamilton. Jesse Green, ed. Zuni: Selected Writings of Frank Hamilton Cushing. Lincoln: University of Nebraska Press, 1978. . Pritzker, Barry M. A Native American Encyclopedia: History, Culture, and Peoples. Oxford: Oxford University Press, 2000. . Wade, Edwin L. "The Ethnic Art Market in the American Southwest, 1880–1980." George, W. Stocking, Jr., ed. Objects and Others: Essays on Museums and Material Culture (History of Anthropology). Vol. 3. Madison: University of Wisconsin Press, 1988. . Outros artigos Lhamana We'wha