A bandeira de Bogotá adpotouse como símbolo da cidade o 9 de outubro de 1952 a través do decreto 555 do Distrito Especial.
Está composta por unha franxa horizontal amarela, que ocupa a metade superior, e unha franxa horizontal vermella, que complementa a parte inferior. No centro leva o escudo de armas da cidade, co título de "Moi nobre e moi leal". A cor amarela representa a xustiza, a virtude e a benignidade; pola súa banda a cor vermella significa a liberdade, a saúde e a caridade.
A norma tamén especifica que para o uso da bandeira como pendón a súa proporción será dúas veces máis ancha que longa e para o uso como estandarte a súa proporción será dúas veces e medio o longo do seu ancho.
A súa orixe remóntase á revolta do 20 de xullo de 1810, na que os patriotas se identificaban cun brazalete amarelo e vermello. As autoridades distritais consultaron o 6 de outubro de 1952 á Academia Colombiana de Historia cal podería ser a bandeira da cidade tendo en conta a tradición e a historia. En resposta os académicos Enrique Ortega Ricaurte e Guillermo Hernández de Alba renderon un informe no cal detallaban a historia do brazalete utilizado polos revolucionarios e suxerían a adopción como bandeira da cidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bandeira de Bogotá en Flags of the World
Categoría:Bogotá Categoría:Bandeiras de Colombia Categoría:Bandeiras municipais