José Castro Labrada, nado en Ferrol e finado en Limodre (Fene) en xuño de 1904, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid, onde se doutorou en 1887.El Correo Gallego, 6-2-1887, p. 2. Masón, foi concelleiro republicano de Ferrol e presidente do Comité de coalición republicana de Ferrol en 1890.La República, 26-2-1890, p. 2. Director de La Democracia dende a súa fundación, foi denunciado por escándalo en 1888.La Monarquía, 8-1-1889, p. 2. Dimitiu da dirección o 17 de abril de 1889.La Monarquía, 20-4-1889, p. 3. Despois dirixiu El 11 de Febrero.El Correo Gallego, 15-11-1889, p. 2. En xuño de 1899 foi nomeado xuíz municipal de Fene.El Correo Gallego, 23-6-1899, p. 3. Finou en Limodre en xuño de 1904.El Correo Gallego, 30-6-1904, p. 2.
Vida persoal
Casou con Manuela Pastora Ruiz Grossi.Familia Cardona Comellas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente académico de José Castro Labrada
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración
Categoría:Nados en Ferrol
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1904