Fátima Ayelén Rosalez Cabrera, nada en San Luis o 21 de maio de 1995, é unha xogadora de balonmán arxentina. Xoga de porteira no BM Porriño.

Traxectoria

En 2015 fichou polo BM Granollers, e en 2017 fichou polo BM Porriño, co cal na tempada 2024-25 chegou á final da EHF European Cup.

Coa selección arxentina participou nos Xogos Panamericanos de 2023, onde acadou a medalla de bronce.

Notas

Categoría:Nados na Arxentina Categoría:Nados en 1995 Categoría:Xogadores de balonmán da Arxentina Categoría:Xogadores do BM Porriño