O Certame Literario de Novela e Relato Infantil Jaime Olmedo Limeses está promovido pola empresa Avigal en colaboración con Antela Editorial, é unha iniciativa que busca promover a lingua galega e fortalecer o compromiso coa cultura galega a través da creación literaria.
Características Na novela infantil en galego, pensada para un público novo, poden participar todas as persoas maiores de 18 anos, máximo 14.000 palabras. Está dotada con 3.000 €.
O relato infantil en galego é para nenos e nenas menores de 12 anos que teñan ganas de crear e contar a súa historia en galego cunha extensión máxima de dúas follas en tamaño A4.
A entrega dos galardóns e a presentación da publicación terán lugar na semana das Letras Galegas, nun evento que contará coa presenza de representantes de Avigal, Antela Editorial e o gañador do mesmo. O certame naceu co obxectivo de fomentar a literatura infantil en galego e apoiar novos talentos. A obra gañadora será publicada por Antela Editorial e distribuída na semana das Letras Galegas. Ademais, Avigal agasallará 1.500 exemplares da novela.
Jaime Olmedo Limeses foi o fundador en 1964 de Avícola de Galicia. S.A.U. (Avigal) e tamén conselleiro delegado, o premio honra a súa memoria.
I Certame, 2025
Novela infantil A gañadora foi Pernascochas, de Ramón Domínguez Veiga, pola súa calidade e orixinalidade entre 39 novelas infantís. Conta a historia de Marcelina, unha nena peculiar, que lle propón a Martiño tres retos para que este poida conseguir a súa amizade: un que a sorprenda, outro que a faga rir e outro que a faga chorar como nunca antes chorara. O xurado (Alba de Evan -secretaria-, Miguel García-Fernández, María Lado, Celia Fernández, Ramiro J. Peralta e Blanca Millán) salientou a calidade literaria, a orixinalidade, a sensibilidade e o uso do humor.
Relato Infantil Escolar O gañador foi o alumno Gabriel G.G. do CEIP Carlos Cid Arregui (Ourense), coa súa obra "Regulus, un gato valente", escollida entre escolares de toda Galicia.
II Certame, 2026 miniatura|Alba de Evan, Olaia Sendón e Víctor Rivas na entrega do II premio no Museo de Pontevedra, 17 de maio de 2026
Novela Infantil A gañadora foi Olaia Sendón por Alén e o dragón. A acción desenvólvese en Sardiruña, onde chove sempre. Alén soña con dragóns e vellas misteriosas. Ao ver que esas visións poden ser reais, xúntase con Nora para chegaren a Leiras Longas, a aldea da súa familia, onde nada é o que parece. Entre segredos, poderes ocultos e humor, Alén deberá descubrir quen é… e que destino o agarda. O xurado estivo conformado por Alba de Evan -secretaria-, Víctor Rivas, Xavier Estévez, Alba Blanco e Ivana Gómez.
Os premios foron entregados no Museo de Pontevedra o 17 de maio de 2026, Día das Letras Galegas, nun acto organizado por Avigal e Antela.
Relato infantil escolar O premio de relato curto para escolares foi para Matías V. R., alumno do colexio Carmelitas de Ourense, polo texto O alento do cantil.
Notas
Categoría:Premios e certames literarios de Galicia de narrativa