Mansio, (palabra latina que provén de mansus, forma verbal derivada de manere, que significa «pasa-la noite», é dicir, «lugar para pasa-la noite durante unha viaxe»; en plural "mansiones"),Smith (1842), p. 564 era, na época imperial de Roma, un edificio, mansión ou pousada, ás veces fortificado, propiedade do Estado, situado ao longo das vías romanas, destinado a aloxar funcionarios do Estado nas súas viaxes (funcionarios civís e militares, do Cursum Publicus (servizo de correo) e particulares con licenza diplomática outorgada polo emperador. Estas pousadas proporcionaban aos viaxeiros e aos seus acompañantes comida e aloxamento gratuítos, así como forraxe e cortes para os animais ou para o intercambio destes se fose necesario,Belo (1960) e o seu mantemento dependía do estado

Foron construídas tanto na parte occidental do Imperio como na oriental.

Orixe e evolución

Antiga Persia As grandes rutas de comunicación terrestre foron construídas por primeira vez no Imperio persa,Ermatinger (2018), p. 272 estaban marcadas con paradas cada 15 ou 18 millas (uns 24 ou 29 quilómetros), a distancia correspondente a un día de viaxe, e equipadas con caravasares ou khans, como os que aínda se atopan en Oriente. Os gregos chamábanlles κατάλυσεως (katàlysis: "estruturas para a recepción nocturna") e καταγωγαί (katagogè). Segundo Heródoto, había 111 delas na estrada de Sardes en Asia Menor a Susa (Elam) en Persia.Heródoto (1981), pp. 94-98 (Libro V, 52) Do mesmo xeito que se fixo posteriormente en Occidente, construíanse a expensas do estado e non se permitían longas estadías, só unha noite ou tempo suficiente para dar de beber e descansar os cabalos ou camelos.

Antiga Roma Na época imperial de Roma, cando os romanos construían unha estrada, tamén construían unha especie de refuxio chamado castrum, que servían de campamento para os lexionarios, que eran quen os construían. Co paso do tempo, fóronse convertendo non só en cuarteis e almacéns (horrea) para as lexións, senón tamén en grandes edificios para acomodar a viaxeiros de alto rango ou funcionarios ao servizo do emperador. Nestes lugares, los cisiarii ofrecían carros de dúas rodas (cisia) o de catro para alugar ou para levar recados do goberno (essea). Así, creouse unha construción máis sofisticada coñecida como mansio, semellante a unha gran vila.

O Itinerarium Burdigalense, un libro escrito no ano 333, na época de Constantino, para describir a ruta que atoparían os peregrinos no seu camiño cara a Terra Santa, menciona varias mansiones desde Bordeos ata Xerusalén e tamén as mutationes (lugar para troca-los cabalos) que eran unhas catro ou cinco por cada mansio. Tamén se mencionan as cidades (civitates) situadas ao longo da ruta, os distritos de cada cidade (vici) e os lugares fortificados ou castella. Esta guía tamén incluía o número de leguas entre un lugar e o seguinte.Elsner (2000), p. 189

Características arquitectónicas miniatura|Plano da fortaleza de Százhalombatta-Dunafüred, en Panonia (actual Hungría), antiga mansio romana. Un carro tirado por bois podía percorrer uns 48 quilómetros nun día (30 millas romanas), e unha persoa a pé quizais un pouco máis, polo que as mansiones romanas adoitaban estar situadas entre 30 e 35 km unhas das outras. Algunhas mansiones foron melloradas incluíndo habitacións e outras dependencias para a posibilidade de recibir viaxeiros de calquera rango ou, mesmo, o propio emperador. Na mansio tamén se podían cambiar os cabalos e estes prestaban o mesmo servizo que as mutationes, e en cada unha delas podíanse cambiar de montura catro ou cinco veces.

Na súa estrutura, debido á gran cantidade de restos arqueolóxicos descubertos, pódense apreciar en xeral os servizos típicos dos albergues: recepción, termas, dormitorios, un comedor, a cociña co seu forno e unha forxa por se fosen necesarias reparacións no carro. Tamén había un celeiro e cortes para dar refuxio aos animais de transporte.

Funcionamento Como as grandes estradas do Imperio se usaban para o transporte de fondos públicos ou minerais preciosos, provisións, armas e outras mercadorías, nas mansións non só había cabalos dispoñibles, senón tamén carros de varios tipos, burros, bois para as necesidades de correos e outros transportes estatais diversos. Por iso sempre había corenta cabalos en reserva nas mansións (lei 3, Código de Teodosio do cursum publicus). Para a alimentación, estes lugares abastecíanse de palla, feo e avea (lei de annona et tributis, Código de Teodosio), e o mancipes era responsable de ter sempre algúns animais en reserva (lei 35, lei 40 do cursum publicus, Código de Teodosio; lei 8, Código de Xustiniano). Os stratores eran os escudeiros baixo as ordes dos mancipes. Debaixo deles estaba o catabulen, que cargaba e descargaba as carruaxes, un cargo que a miúdo ocupaban os delincuentes condenados a este tipo de servidume. Os muliones ou hippocomi eran os palafreneiros e, finalmente, estaban os mulomedici para coidar da saúde dos animais.D'Hubert (1892) miniatura|Restos dos cimentos da mansio romana en Eining, Xermania Superior. As mansiones estaban situadas ao longo das estradas, despois de dúas ou tres mutationes como se observa no Itinerario de Antonino.Mangas (2012), p. 201 A distancia entre dúas mansións correspondía a unha viaxe empregando os medios de transporte da época. Esta distancia era de aproximadamente 30 quilómetros, dependendo do tipo de estrada e do seu estado. Cada mansio correspondía ao punto final da viaxe, sendo a Mutatio unha parada intermedia para cambiar os animais e servindo como taberna.Mangas (2012), p. 202

Sempre que se cumprían as condicións mínimas, as mansións tendían a converterse en cabeceira das civitates, para facilitar tanto a administración local como para instalar os centros comerciais do territorio, así como almacéns -horrea- algúns dos cales, como os destinados a produtos básicos como o sal, eran esenciais.

No latín literario da antiga Roma, o termo tiña o significado de "vivenda" e "habitación", así como "pousada". Este significado da palabra continuou nas linguas románicas, das cales o semierudito portugués "mansão" é un exemplo, co significado de "vivenda suntuosa".Bassetto (2001), p. 131

O encargado Cada mansión estaba ao cargo dun mansionarius, e tanto o edificio como o mansionarius eran mantidos polo estado, xa que estes edificios tamén podían ser utilizados por funcionarios e empresarios durante as súas viaxes por todo o imperio. Co tempo, arredor dos séculos V e VI, segundo os bispos ían asumindo o control no Occidente cristián, o cargo de mansionarius desenvolveu un novo sentido e, neste contexto, o mansionarius converteuse en sinónimo de prosmonarius ou paramonarius segundo o canon 2 do Cuarto Concilio Ecuménico celebrado no ano 451.Corpus Juris Canonici, Gratianus Decretum, Pars II., Causa I. Na época de Gregorio Magno, as funcións do mansionarius eran acender as luces da igrexa, coma se fose un sancristán. Segundo Joseph Bingham, tamén era unha especie de administrador xudicial ao servizo da autoridade.Joseph Bingham, "Origines Ecclesiasticae" III.3, 3.1 Henri Justel, pola súa banda, dicía que era o encargado dunha granxa ou villicus da igrexa.Henri Justel, Bibliotheca iuris canonici veteris I,91

Outros tipos de aloxamento ao longo das vías romanas

Caupona

As cauponae eran un negocio privado que se atopaba preto das mansiones. Tiñan as mesmas funcións que unha mansio, pero eran máis sinxelas. O nivel de atención e hixiene tamén era baixo, pero tiñan bastantes clientes, xa que se lles permitía a entrada a ladróns e prostitutas. Debido á súa baixa reputación, o estado quixo prohibilas nalgunha ocasión.

Taberna

Os patricios, viaxeiros un pouco máis ricos requirían pousadas un pouco máis refinadas que as cauponae. Nos primeiros tempos das vías, as casas situadas preto dunha calzada romana estaban obrigadas por lei a ofrecer hospitalidade a calquera que a requirise o que, con seguridade, deu lugar a aparición das tabernas. Porén, o termo non debe entenderse no sentido actual de "taberna", senón de "hostal". A medida que Roma gañaba importancia, tamén o fixeron as tabernae, que se volveron máis luxosas e gañaron unha boa ou mala reputación dependendo do seu nivel.

Unha das máis recoñecidas foi a Taberna Caediciae en Sinuessa, na Vía Appia. Tiña un gran almacén con odres de viño, queixo e xamóns. Moitas cidades modernas desenvolvéronse arredor das tabernae, como Rheinzabern en Renania (Alemaña) e Saverne en Alsacia (Francia). Nestes dous casos, unha clara derivación da palabra taberna permanece no nome da cidade.

Mutatio

Este tipo de estación ou parada daba servizo a vehículos e animais e eran os lugares para cambiar cabalos e levar outros de refresco. Estaban situadas cada 12-18 millas (19-29 quilómetros). Nestes complexos, o condutor podía adquirir servizos para axustar as rodas ou o carro, ou conseguir medicamentos ou un veterinario para os seus animais. Grazas a este servizo, o emperador Tiberio puido percorrer 320 quilómetros en 24 horas para ir ver o seu irmán Druso Xermánico, que estaba a morrer de gangrena debido a unha caída.Plinio el Viejo (2003), p. 43 (Libro VII, 84)

Exemplos de mansio

Italia

Tres Tabernae Mansio ad Vacanas Verolengo Sorabile Quarto Equilio (Jesolo) Mansio Servasa

Britannia

Alfoldean, Horsham, Sussex Chelmsford Dubris Godmanchester Wall Rutupiae Tripontium

Outros territorios

Colle del Piccolo San Bernardo (via delle Gallie) Le Mesnil Via Aemilia Scauri Via Julia Augusta Ségosa, na vía romana litoral das Landas (Aquitania, Francia)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Caupona Cursus publicus Mansio Servasa Miliario Vías romanas

Categoría:Edificacións da Roma Antiga