Maddi Bengoetxea Erriondo, nada en Errenteria (Guipúscoa) o 15 de outubro de 2000, é unha xogadora de balonmán vasca.

Traxectoria

Formouse no equipo xuvenil do Ereintza Eskubaloia, e en 2018 fichou polo CB Zuazo tras xogar coa selección vasca a Copa das Catro Nacións de 2018.

En 2023 fichou polo BM Porriño, onde xa xogaba a súa curmá Maider Barros. Co equipo galego chegou na tempada 2024-25 á final da EHF European Cup.

Notas

Categoría:Nados en Errenteria Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do BM Porriño