Jazmín Lucero Mendoza Peralta, nada en Asunción o 27 de maio de 2002, é unha xogadora de balonmán paraguaia. Xoga de extremo dereito no CB Atlético Guardés e na selección feminina de balonmán de Paraguai. Traxectoria Formouse no Nueva Estrella, e en 2021 debutou co Cerro Porteño. Nese mesmo ano xogou o Mundial coa selección de Paraguai e fichou polo CB La Calzada da man de Marizza Faría. Co equipo asturiano debutou na División de Honor, e na primeira tempada xogou 12 partidos e anotou 36 goles.

En xaneiro de 2023 fichou polo CB San José Obrero de Lanzarote. Unha lesión de xeonllo privouna de xogar o final da tempada 2023/24, na que o equipo disputou a fase de ascenso a División de Honor.

Na tempada 2024/25 fichou polo Atlético Guardés, co que acadou o campionato da liga regular e renovou para a 2025/26.

Selección Acadou a medalla de prata nos Xogos Panamericanos júnior de 2019, dobre medalla de ouro no Suramericano cadete (2015 e 2016), medalla de ouro no Suramericano xuvenil de 2018 e dobre medalla de prata no Suramericano xuvenil (2016 e 2017).

Co equipo absoluto competiu en Panamericano, o Sur e central, os Xogos Suramericanos, no Centroamericano e nos mundiais de 2021 e 2023.

Notas

Categoría:Xogadores do Atlético Guardés Categoría:Xogadores de balonmán de Paraguai Categoría:Nados en Asunción Categoría:Nados en 2002