Berenguela de Barcelona, tamén chamada Berenguera ou Berengaria, nada en Barcelona en 1108 e finada en Palencia o 3 de febreiro de 1149, foi unha infanta de Aragón e raíña consorte de Afonso VII.

Liñaxe Filla de Ramon Berenguer III, conde de Barcelona, e de Dulce de Geuvadun , casou en 1125 con Afonso VII de Castela. Deste matrimonio naceron:

Sancho III de Castela (1134-1158), rei de Castela. Raimundo de Castela (c. 1136-antes de 1151). Sancha de Castela (1137-1179), casada en 1157 con Sancho IV de Navarra. Fernando II de León (1137-1188), rei de León. Constanza de Castela (1141-1160), casada en 1154 con Lois VII de Francia. García de Castela (c. 1142-1146). Afonso de Castela (1145-1149).

Véxase tamén Bibliografía A noite da raíña Berenguela, Xosé A. Neira Cruz, Ed. Planeta Oxford, 2005.

Ligazóns externas Berenguela, unha raíña de película, Cidadedacultura.gal. A raíña Berenguela, entrada na páxina do IES Brión.

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1108 Categoría:Finados en 1149 Categoría:Panteón Real da Catedral de Santiago