A Radio Nacional da República Árabe Saharauí Democrática (en ) é a emisora de radio estatal oficial da homónima república (RASD). O seu lema é «Esta é a Radio Nacional da República Árabe Saharauí Democrática».Intel: Western Sahara (de facto) National Radio of the Arab-Saharan Democratic Republic Clandestineradio.com
Historia
A Radio Nacional da RASD emitiuse por primeira vez o 28 de decembro de 1975, pouco despois do inicio da guerra do Sáhara Occidental con Marrocos. Previamente, fixéranse algunhas emisións das estacións de radio de apoio en Alxer e Trípoli, capitais de Alxeria e Libia respectivamente, como La Voz del Sáhara Libre. Nos primeiros meses da estación e debido á situación de guerra con Marrocos, as primeiras transmisións fixéronse dende camións en movemento, cunha cobertura moi limitada. O-Uali Mustafa Sayyid proclamou a RASD a través dunha emisión radiofónica o 27 de febreiro de 1976, tras a decisión tomada polo Consello Provisional Nacional Saharauí.
En 1977 inauguráronse os primeiros estudos e arquivos da radio saharauí nos campamentos de refuxiados saharauís na cidade de Tinduf, en Alxeria, mentres que a finais de 1978 a potencia da estación aumentou a 20 kW, transmitindo a toda a rexión do Sáhara Occidental, Marrocos, Alxeria e parte de Mauritania. No ano 1991 a estación aumentouse a 100 kW (a potencia actual), cunha torre de transmisión de 120 metros de altura. A radio comezou a emitir a través da Internet a partir do 2006. Notas
Véxase tamén
Outros artigos RASD TV Sahara Press Service Castelán saharauí
Categoría:Cultura do Sáhara Occidental Categoría:Emisoras de radio