Karen Hao é unha xornalista estadounidense.

Traxectoria Traballa para publicacións como The Atlantic e anteriormente o fixo en Hong Kong para The Wall Street Journal e foi editora sénior de intelixencia artificial en MIT Technology Review. É coñecida pola súa cobertura da investigación en IA, a ética tecnolóxica e o impacto social da IA. Hao tamén coproduciu o podcast In Machines We Trust e escribiu o boletín The Algorithm.

En maio de 2025 Hao publicou Empire of AI: Dreams and Nightmares in Sam Altman’s OpenAI. Neste libro hai unha parte dedicada á historia do ascenso ao poder de OpenAI, e de Sam Altman. Na segunda parte fálase do colonialismo da IA xa que "as grandes empresas de IA actúan como imperios tradicionais, desviando riqueza dos chanzos máis baixos da sociedade en forma de man de obra, traballos creativos, materias primas e similares para alimentar a súa ambición e enriquecer aos que están no máis alto da escala"

Notas

Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América