Historias de Galicia é unha serie divulgativa da Televisión de Galicia, con 32 capítulos de media hora de duración, que trata sobre feitos económicos, políticos, sociais e culturais de Galiza desde as súas orixes até a actualidade. Comezou a emitirse o 25 de febreiro de 2007.
En cada capítulo pártese de escenarios da Galiza actual e nárrase a evolución de fenómenos históricos e culturais variados, como poden ser a evolución da agricultura, a pesca, a lingua, a casa, o poder relixioso, as guerras, a nobreza, a fidalguía, a emigración, o papel da muller etc.
Ficha técnica Dirección: Xosé Manuel Vega Gómez Realización: Ricardo X. Llovo Dirección Artística: Angel Amaro F. Vestiario: Isabel Vázquez Produción: Eva Gómez Guión Rosa G. Bello, Xosé A. Domelo e Xosé M. Vega Música: Manuel Conde Fotografía: Alberte Goitia, Quico Martínez Presentación: Xosé Barato
Audiencias 1ª tempada: 172.000 espectadores (17,72%) 2ª tempada: 202.000 espectadores (19,29%) 3ª tempada: 140.000 espectadores (14,02%)
Premios Premios Mestre Mateo 2007: Mellor programa de TV Mellor realización Mellor comunicador: Xosé Barato
Véxase tamén Ligazóns externas Gravacións na televisión á carta da TVG
Categoría:Documentais da TVG Categoría:Historia de Galicia