Carme Castro Viaño, nada en Redondela o 28 de agosto de 2002, é unha xogadora de balonmán galega. Xoga de á dereita no CB Atlético Guardés. Traxectoria

Formouse no BM Chapela. En 2016 pasou ao BM Porriño, onde estivo oito tempadas: primeiro no equipo cadete, despois no xuvenil e finalmente no sénior. En 2024 fichou polo CB Atlético Guardés.

Formou parte da selección española feminina de balonmán desde categoría cadete. En 2021 formou parte da selección española feminina júnior de balonmán.

Notas

Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 2002 Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Xogadores do Atlético Guardés