miniatura|250px|Ovellas da raza assaf. A raza Assaf é unha raza ovina orixinaria de Israel, procedente do cruzamento en 1955 entre ovellas da raza Awassi e machos de raza Milschschaf. O primeiro núcleo de ovellas Assaf introducido en España atopábase na provincia de León, a onde se levou nos anos 1977-1980.
Historia A raza Assaf ten a súa orixe en Israel no ano 1955, no Centro Volcani, un dos institutos da ARO (Organización para a Investigación Agrícola) referencia na gandería e agricultura. Procede do cruzamento das razas Awasi e Milchschaf en proporcións de 5/8 e 3/8.
Historia en España e Portugal A raza Assaf chegou a España en 1977 a través de José Luis Moncada, á localidade leonesa de Gordoncillo. Posteriormente iniciase un cruzamento por absorción da raza Assaf en ganderías das razas churra e castellana en Castela e León e con outras razas en diferentes lugares de España.
Anos máis tarde formouse un núcleo de animais na localidade de Arcos de la Polvorosa (Zamora), na explotación de Carlos Alonso Guerra (1993) e outro grupo véndese a Castelo de Vide (Portugal), á propiedade rústica Herdade do Matinho, propiedade de Manuel Sarnadas (1993). Este último importou embrións e seme procedentes de Israel. Ese mesmo ano crease a Associação Portuguesa de Criadores de Ovino de Raça Assaf (ACOSAF).
En outubro de 1990 prodúcese outro traslado de animais procedentes de Ledesma á localidade de San Pedro de Bercianos, máis concretamente á Herdade "El Toralino", propiedade da Deputación de León. Establécese un convenio co CSIC para levar a cabo estudos en distintos sistemas de explotación. Este centro funcionará como Centro de testaxe, selección e reprodución en apiio á investigación e desenvolvemento da raza Assf ata o ano 2013.
No ano 2003 recoñécese oficialmente a raza en España, ao incluirse no Catálogo Oficial de razas de Ganado de España baixo o epígrafe "razas procedentes de terceros países", por estar suficientemente adaptada ao ecosistema español e ser de interese produtivo e económico.
No ano 2005 ponse en marcha un Programa Nacional de Mellora Xenética.
Desde o ano 2018 o catálogo oficial de razas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación considera a raza Assaf como raza integrada en España.
Morfoloxía Animais de biotipo leiteiro, perfil suconvexo, lonxilíneos e hipermétricos. Animais de capa branca, existen algúns con coloración avermellada ata negra na cabeza e en menor medida nas extremidades. O vélaro é semiaberto branco, que deixa ao descuberto as extremidades por debaixo do xeonllo e a bestra, así como a cabeza, mamas e bolsas testiculares. +MachosFemiasPeso adulto (kg)9065Número de cornos20Idade madurez (meses)710Idade media reprodutores (meses)3630Idade media ao primeiro parte (meses) -15Intervalo entre partos (días) -285Número de partos ao ano -1,2Prolificidade -1.8Vida produtiva (anos) -5Estacionalidade (meses)6
A cabeza en harmonía co volume corporal, perfil subconvexo, aplanada lateralmente e alongada. Con orellas grandes, longas e anchas, que caen lateralmente con tendencia a virar a punta cara fóra. Poden presentar cornos. O pescozo é longo, forte e musculoso, ás veces con pregos lonxitudinais na pel. O tronco ancho e profundo, coas costelas lixeiramente arqueadas. A liña dorso-lumbar recta, a cruz sen destacar, os lombos e a cruz dos cadrís anchos, algo descendidos e cola semigraxa.
Usos produtivos Utilízase fundamentalmente para producir leite, así como derivados lácteos.
Produción láctea +Produción lácteaProdución de leite por lactación (media, kg)400Duración lactación (media, días)180Número de lactacións6% graxa no leite6,65% proteína no leite5,4
Produción cárnica +Produción cárnicaGanancia media diaria (GMD) (gr/día)38Idade ao sacrificio (media/meses)4,5Peso canal (media, kg)17% Rendemento canal48
Produción lanar +Produción lanarMachosFemiasTipo de laLa entrefinaPeso vélaro (media, kg)52,8Cor vélaroBrancoExtensión vélaroMaioritariamente no troncoDiámetro da fibra (media, micrómetros)30
Notas
Categoría:Ovellas