Julio Eulogio Villarino Fernández, nado no Riós o 3 de febreiro de 1954 e finado en Baiona o 25 de setembro de 2023, foi un mestre galego. Traxectoria Fillo do alcalde republicano do Riós, Eulogio Villarino Losada, e neto de Julio Villarino Durán. Estudou na Escola Normal de Ourense, e ingresou no corpo de mestres en 1977. Estivo destinado en Andalucía, e en 1982 acadou praza definitiva no CEIP Fontes-Baíña, en Fontes (Baíña, Baiona). Formou parte do claustro fundacional do centro e en 2005 foi recoñecido no aniversario do mesmo, como formador de varias xeracións de veciños.

Faleceu por mor dunha enfermidade. Vida persoal

Estivo casado con Elena Rosa Espino Gómez e tivo dous fillos, Elena e Julio Eulogio Villarino Espino.

Notas

Categoría:Nados no Riós Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes