Baden-Württemberg é un dos 16 estados federados (Bundesländer) en que está dividida Alemaña. Baden-Württemberg sitúase no suroeste do país, ó leste do río Rin. O estado limita ó norte co estado de Hesse, ó nordeste e ó leste co estado de Baviera, ó sur con 334 km de Suíza, ó oeste coa rexión francesa da Alsacia e ó noroeste co estado de Renania-Palatinado.

É o terceiro estado máis grande de Alemaña, cunha superficie de 35.752 km2 (extensión semellante á de Bélxica) e unha poboación de 10,7 millóns habitantes. A súa capital é Stuttgart. Baden-Württember é o resultado da unión entre os estados independentes de Baden e Württemberg, a partir de 1952 e grazas a unha consulta popular.

Historia A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende este estado pasou a formares parte da Confederación do Rin. Tralo congreso de Viena, o gran ducado de Baden, os principados de Hohenzollern e o Reino de Württemberg (parte da rexión de Suabia), pasaron a formar parte da Confederación Xermánica.

Trala segunda guerra mundial, as forzas aliadas delimitaron a zona en tres estados: Württemberg-Baden (ocupado polos EEUU), Württemberg-Hohenzollern e Sur de Baden (ocupados por Francia). En 1949 estes tres estados pasaron a ser parte da República Federal de Alemaña. O artigo 118 da Lei Fundamental para a República Federal de Alemaña permitía, porén, a unión de estados. Tras un plebiscito celebrado o 9 de decembro de 1951 os tres estados uníronse a 25 de abril de 1952 en Baden-Württemberg.

En 1956 a Corte Federal Constitucional de Alemaña determinou que o plebiscito fora ilícito porque era desvantaxoso para a poboación de Baden. Entón, en 1970 volveuse a celebrar un plebiscito na área de Baden, que resultou nunha maioría (máis do 81% de votos) partidaria da unidade.

Xeografía esquerda|150px|miniatura|Mapa físico

A Selva Negra, o Lago Constanza, os vales do Rin, o Danubio e o Neckar son os seus puntos xeográficos máis destacados.

Algunhas das súas cidades máis importantes son son: Baden-Baden, Stuttgart, Heidelberg, Friburgo, Mannheim, Karlsruhe, Ulm, Heilbronn, Pforzheim, Tubinga, Balingen, Reutlingen, Constanza, Hockenheim, Walldorf, Wiesloch ou Bruchsal.

A Selva Negra ("Schwarzwald" en alemán) forma o alicerce xeográfico do suroeste de Alemaña. Dende a cidade de Pforzheim no norte, até Waldshut no sur, ten unha lonxitude duns 160 km. Na zona norte, a Selva Negra ten unha anchura de 20 km e no sur de 60 km. Os cumes máis altos chegan a unha altura de 1.166 m (Hornisgrinde) no norte, até de 1.493 m (Feldberg) na Selva Negra sur. No oeste, a montaña baixa rapidamente á chaira do Rin cunha altitude de menos de 200 m. No leste, a baixada aos vales dos ríos Danubio e Neckar (de 600 m) é máis suave.

Aínda que a Selva Negra é idónea para longas excursións a pé, tamén se pode percorrer en coche. Unha das recomendacións máis atractivas é a estrada Schwarzwald-Panoramastraße. Recibiu esa denominación pola multitude de vistas panorámicas polas que pasa nun percorrido de 70 km. Se o tempo o permite, un pode ver até os Alpes dende algunhas das paradas. A estrada panorámica empeza en Waldkirch, subindo en serpentinas escarpadas até o mosteiro de Sankt Peter (San Pedro). Adianta pola montaña Kandel e o pobo de Sankt Märgen. Tras pasar por Breitnau, a estrada termina na poboación de Hinterzarten.

Clima O clima é amornado con temperaturas decrecentes coa altura. O Val do Rin é a rexión máis cálida de Alemaña, con temperaturas que no verán roldan os 20 °C (máxima media de 26°) e no inverno os 2 °C (máxima media de 5°), con precipitacións moderadas, ao redor de 800 mm por ano. Karlsruhe foi unha das cidades nas cales se rexistrou a temperatura máxima de Alemaña, con 40,8 °C, no ano 2003. Na Selva Negra, en cambio, a temperatura é considerablemente menor: nos vales a 600 m de altura, a temperatura de xullo alcanza os 17 °C (máximas de 23°) e a de xaneiro -2 °C (máxima de 1°), por tanto hai frecuentes nevadas que posibilitan a práctica de deportes como o esquí. Ademais, as precipitacións son superiores, de 1000 a 1500 mm anuais. En todo o estado hai choivas durante todo o ano.

No sueste faise sentir no outono, inverno e primavera o Foehn, vento cálido proveniente dos Alpes que pode elevar as temperaturas a até 15 °C arriba da media.

Economía miniatura|esquerda|130px|Catedral de Ulm Baden-Württemberg é un dos estados máis prósperos de AlemañaGermany é unha das rexións máis ricas de Europa tradicionalmente cunha baixa taxa de desemprego. Unha serie de empresas bastante coñecidas teñen a súa sede neste estado coma Daimler AG, Porsche, Robert Bosch GmbH (da industria do automóbil), Carl Zeiss AG (óptica) ou SAP AG (a meirande empresa de software de Europa). Porén, a economía de Baden-Württemberg está dominada por empresas de pequeno e mediano tamaño. Aínda que pobre en recursos naturais (antes chumbo, zinc, ferro, prata, cobre e sales) e aínda con moitas áreas rurais, a rexión está fortemente industrializada. En 2003, había polo menos 8.800 empresas manufactureiras con máis de vinte empregados, máis só 384 con máis de 500. Esta última categoría representa o 43% dos 1.2 millóns de persoas empregadas na industria.

O Mittelstand ou mediana empresa é a columna vertebral do Estado. Empresas de tamaño medio e unha tradición de ramificación en diferentes sectores industriais permitiron a especialización nunha ampla gama. Unha quinta parte da industria da "antiga" República Federal era xerada polo Baden-Württemberg. O volume de negocios da industria manufactureira en 2003 superaba os 240.000 millóns de euros, dos cales o 43% proviña das exportacións. A rexión depende en certa medida do desenvolvemento económico global, a pesar da gran capacidade da economía da rexión de adaptarse a través das crises. A metade dos empregados na industria manufactureira atópanse nos sectores da mecánica, enxeñería electrónica e construción automobilística, sendo este o lugar onde se poden atopar as máis grandes empresas.

A importancia da industria mecánica de precisión esténdese máis aló dos límites da rexión, ao igual que as industrias ópticas, reloxeiras, xogueteiras, metalúrxicas e electrónicas. A industria téxtil, que antano dominaba gran parte do estado, agora está xa practicamente desaparecida. A Investigación e Desenvolvemento (I+D) están financiados conxuntamente polo Estado e a Industria, atopándose no Baden-Württemberg unha quinta parte dos 100.000 empregados do I+D de toda Alemaña, sobre todo no área de StuttgartEconomía de Baden-Württenberg . Baden-Württemberg é tamén un dos Catro Motores de Europa.

Turismo miniatura|200px|Castelo de Sigmaringen. Baden-Württemberg é un destino popular para as vacación só rivalizado con Baviera nas súas paisaxes naturais. Os principais puntos de interese son a capital Stuttgart, os balnearios de Baden-Baden, a arquitectura de Ulm ou as cidades universitarias de Heidelberg e Tubinga. Friburgo é unha base ideal para explorar a Selva Negra e os viñedos de Breisach. Tamén é destacable o Lago Constanza (en alemán: Bodensee).

A Gastronomía de Baden corresponde aos costumes e gustos culinarios da comarca, cun clima suave camiño do Mediterráneo, que lle permite o cultivo de viño. É unha das 13 comarcas produtoras de viño alemán, que vai dende a cidade de Heidelberg na parte setentrional, ao Lago Constanza no sur, ocupando unhas 15.900 ha, no que se denomina Rexión Vinícola de Baden. A proximidade con Francia e Suíza fai que teña algunhas influencias da cociña destes dous estados, o que deu por resultado que a gastronomía desta comarca sexa un pouco máis lixeira que a media da cociña alemá.

En canto aos pratos típicos existen diversas especialidades da rexión, debido á densidade forestal da Selva Negra e á abundancia de carne de caza; nalgúns pratos é de precepto o veado, o xabarín etc. Famoso dentro desta área é o xamón da Selva Negra.

Administración Baden-Württemberg está divido en 35 distritos (Landkreise) e 9 cidades independentes (Stadtkreise), ambos agrupadas en catro Distritos Administrativos (Regierungsbezirke): Friburgo, Karlsruhe, Stuttgart e Tubinga.

dereita|310px|Cidades e Concellos de Baden-Württemberg As nove cidades independentes son: Baden-Baden Friburgo Heidelberg Heilbronn Karlsruhe Mannheim Pforzheim Stuttgart Ulm Os trinta e cinco distritos son: Alb-Donau Biberach Böblingen Bodenseekreis Breisgau-Hochschwarzwald Calw Emmendingen Enz Esslingen Freudenstadt Göppingen Heidenheim Heilbronn Hohenlohekreis Karlsruhe Constanza Lörrach Ludwigsburg Main-Tauber Neckar-Odenwald Ortenaukreis Ostalbkreis Rastatt Ravensburg Rems-Murr-Kreis Reutlingen Rhein-Neckar Rottweil Schwäbisch Hall Schwarzwald-Baar Sigmaringen Tubinga Tuttlingen Waldshut Zollernalbkreis

Educación miniatura|100px|U. de Heidelberg Baden-Württemberg é fogar dalgunhas das máis antigas, nomeadas e prestixiosas universidades de Alemaña, como as de Freiburg, Heidelberg e Tubinga. Ademais atópanse catro das nova Universidades Alemás de Excelencia (Freiburg, Heidelberg, Karlsruhe e Konstanz). A Universidade Internacional en Alemaña está situada en Bruchsal.

Outras cidades universitarias son Mannheim e Ulm. Ademais disto, dúas universidades se atopan na capital do Estado, Stuttgart: a Universidade de Hohenheim e a Universidade de Stuttgart. Ludwigsburg é fogar da famosa escola internacional de cinema Filmakademie Baden-Württemberg (Academia de Cinema de Baden-Württemberg).

Cultura Linguas miniatura|225px|Campaña: Podemos falar de todo excepto Alemán Estándar, en referencia aos característicos dialectos da rexión En moitas areas de Baden-Württemberg os seus habitantes seguen falando distintos dialectos suabos e alemánicos, os cales son coñecidos por ser case inintelixibles para os alemáns do norte, especialmente nas súas variedades máis fortes do campo. Na parte norte do Estado, entre Heidelberg e Mannheim, fálase un terceiro dialecto coñecido coma Kurpfälzisch. Os dialectos falados na meirande parte do Baden-Württemberg están relacionados coas rexións veciñas da Alsacia, norte de Suíza, Liechtenstein e Vorarlberg, entre unha orixe Suaba ou Alemánica.

Relixión Relixión % Católicos37.8%4.0MIgrexa Evanxélica Alemá33.8%3.6MMusulmáns5.60%600 000Budistas0.23%25 000Hinduístas0.14%15 000Xudeus0.08%9 000Non relixiosos22.3%2.4M

Debate sobre os velos musulmáns Baden-Württemberg foi o primeiro dos dezaseis estados alemás que prohibiron o uso de velos por parte das profesoras musulmás nas escolas públicas, despois dunha prohibición semellante en Francia en 2004. Varios destes casos recibiron a atención internacional.

Un coñecido exemplo foi o da profesora Doris Graber, que levaba ensinando dende 1973, comezando a levar o velo en 1995. O 18 de marzo de 2008 un tribunal alemán ditaminou que non se podía utilizar o pano na cabeza, a pesar do argumento de que ela podía levalo en virtude ás leis de igualdade de trato, xa ás monxas se lles permitía ensinar cos seus hábitos relixiososGerman Court Upholds School Ban on Muslim Headscarf . O fiscal do estado referiuse a isto último coma unha "excepción histórica", xa que a escola, era un antigo mosteiro absorbido polo Estado.

No caso de Fereshta Ludin, a ministra de educación, Annette Schavan, afirmou que os panos son "entendidos coma símbolo da exclusión da muller de a sociedade civil e cultural"German Cause Célèbre: A Teacher's Head Scarf .

Política A política do Baden-Württemberg está dominada polo partido conservador Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU), que gobernou en tódalas lexislaturas dende a fundación do Estado en 1952. A CDU actualmente está en minoría na Asemblea Estatal, estando en coalición cos liberais do Partido Democrático Libre (FDP). A oposición está liderada pola esquerda do partido Socialdemócrata e Alianza 90 - Os Verdes. Até 2001 o partido conservador anti-inmigración Die Republikaner tiña escanos na Asemblea Estatal.

Galería de imaxes

Notas