miniatura|200x200px|Cinceiro de vidro Un cinceiro ou cinseiro é un recipiente destinado a recoller a cinza dos cigarros así como a extinguir e recoller as cabichas. O cinceiro foi durante décadas un utensilio habitual nos fogares, centros de traballo e lugares de ocio. Porén, as restricións ó tabaco que se impuxeron nalgúns países estanos desprazando cara a lugares abertos provocando unha modificación no seu deseño e características.
Basicamente, pódense distinguir dous tipos de cinceiros:
Os de sobremesa. Os destinados a zonas comúns como recepcións, salas de espera ou lugares abertos.
Cinceiros para zonas comúns Algúns cinceiros instálanse en lugares públicos como recepcións, corredores, salas de espera, etc. O seu tamaño é maior que os anteriores e contan con diferentes sistemas de protección antincendios, antifume, antirroubo, etc.
O cinceiro estándar é un recipiente alto con soporte. Na parte superior conta ben cun orificio, ben cun leito de area protexido por unha reixa. Nesta recóllense as cabichas que poden ser retiradas quedando a cinza na area. A base constitúe polo xeral unha papeleira cunha ou varias aperturas laterais. miniatura|Cinceiro mural baixo un signo de prohibición en Francia Ademais, existen as seguintes variedades:
Cinceiro mural. Cinceiro cadrado ou rectangular que se adhire á parede. Cinceiro elevado. Cinceiro alto que se atornilla na pared. Cinceiro con tellado superior. Cinceiro tubular. Consiste nun tubo alto con base plana e sen papeleira inferior. Cinceiro de chan. Cinceiro que se coloca a ras de chan. Pode ser de area ou con rañura para introducir as cabichas.
Como cinceiros para colocar ó aire libre desenvolvéronse diferentes modelos caracterizados por:
A protección superior do recipiente contra a choiva A incorporación de orificios estreitos para evitar a introdución de lixo e reducir o contido de aire no interior A incorporación de contrapesos ou soportes fixos que reduzan o risco de roubo
Coleccionismo Algúns cinceiros serven como artigo promocional para compañías, localidades, institucións, marcas comerciais etc. Incorporan o seu logotipo, eslogan ou imaxe de marca e chegaron a converterse en obxecto de coleccionismo. miniatura|Cinceiro de decoración con motivos do Nadal Os cinceiros convertéronse nun adorno máis habitual nos fogares, ata o punto de chegar a ser, nalgúns casos, máis que un instrumento útil parte da decoración.
Notas
Categoría:Recipientes