Pyrrharctia isabella é unha especie de lepidóptero noctuoideo dos Estados Unidos e o Canadá, cuxa larva é popular e recibe alí o nome de "oso laúdo" (woolly bear), entre outros, e pasa o inverno conxelada. A especie foi descrita formalmente por James Edward Smith en 1797.
Descrición A súa larva de trece segmentos está xeralmente cuberta de pelos marróns nas súas partes medias e negros nas súas áreas anterior e posterior. Á luz do sol, o pelo marrón parece marrón avermellado brillante. As setas ou pelos son uniformes en lonxitude, a diferenza doutras larvas do seu xénero de aparencia similar. Os adultos son xeralmente de amarelados claros a alaranxados e teñen un tórax escamento robusto; cabezas pequenas; e patas anteriores laranxas avermelladas brillantes. As ás teñen algúns puntos negros espallados. Cada segmento abdominal ten tres puntos negros.
Pode atoparse en moitas rexións de temperaturas frías. A larva sae do ovo no outono e pasa o inverno en forma de eiruga, permitindo que a maior parte da súa masa se conxele. Primeiro os seus latexos cardíacos cesan, despois conxélase o intestino, seguidamente o seu sangue e despois o resto do corpo. Sobrevive no seu estado de conxelación ao producir un crioprotector nos seus tecidos. Esta conxelación ocorre fóra das células do seu corpo, pero non dentro delas. En primavera, desconxélase.
As setas larvais non inxectan veleno nin son urticantes; non causan normalmente irritación, lesións, inflamacións nin inchumes. Porén, non se aconsella manexar a larva debido aos seus pelos espiñosos e agudos que poden causar dermatite a algunhas persoas.
Dieta miniatura|Eiruga comendo. miniatura|thumbtime=94|right|Eiruga ("oso laúdo"). Esta especie aliméntase de forma xeneralista, xa que come moitas especies de plantas, incluíndo herbáceas e arbóreas. Debido á ampla variedade de plantas que come a larva, esta avelaíña pode atoparse case en calquera parte onde crezan plantas.
Especies relacionadas Singer et al. mostraron que a larva da especie relacionada Grammia incorrupta (cuxas larvas tamén se chaman "osos laúdos"), come follas cargadas de alcaloides que lle axudan a combater as súas moscas parasitas internas. Este fenómeno foi proposto como a "primeira demostración clara de automedicación en insectos". Dentro da mesma familia, as larvas da especie Arctia caja son tamén chamadas "osos laúdos" e consomen unha dieta con alcaloides similar á de G. incorrupta.
Na cultura
Folclore
No folclore dos Estados Unidos e o Canadá crese que a cantidade relativa de pelos marróns e negros da larva indican a severidade do inverno entrante. Crese que se a banda marrón de Pyrrharctia isabella é ancha, o tempo invernal será suave, mais se for estreita, será severo. Nunha variación desta historia, a cor das bandas predí o tempo invernal porque as bandas máis escuras indican un inverno máis duro. En realidade, as larvas dunha mesma deitada de ovos poden mostrar unha considerable variación na cor das súas bandas, e a banda marrón dunha larva tende a facerse máis ancha coa idade a medida que muda.
Outra versión desta crenza é que a dirección na cal se arrastra unha P. isabella indica o tempo invernal, nese caso se a eiruga se despraza cara ao sur é para escapar do inverno máis duro que vén. Non hai probas científicas desta predición do tempo por P. isabella.
Festivais do oso laúdo En varias localidades norteamericanas celébranse festivais do "oso laúdo" (woollybear) en outono. Vermilion, Ohio, en outubro, empezaron en 1973, no Woollybear Festival realízanse oncursos de disfraces para nenos e animais de compañía e as carreiras de eirugas Woolybear 500. Banner Elk, Carolina do Norte, comezou en 1977, presenta artesanías, comidas e carreiras. O "oso laúdo" gañador predí o tempo invernal por vir. Beattyville, Kentucky, empezou en 1988, chamado Woolly Worm Festival, presenta comidas, vendedores, música en vivo e unha Carreira do Verme Laúdo na cal a xente fai carreiras coa eiuga do "oso laúdo" (ou "verme laúdo" como lle chaman alí) sobre cordas verticais. Oil City, Pensilvania, o Woolley Bear Jamboree, comezou en 2008, presenta o Oil Valley Vick para predicir o tempo invernal. Little Valley, Nova York, celebra o Woolley Bear Weekend desde 2012.
Libro A historia "Woolly Bear", publicada nos Book 26 (Tramway Engines) da The Railway Series do Rev. W. Awdry, chámase así debido a que Percy o Small Engine lembra a forma larval despois de ser cuberto de feo ao final da historia. Este conto foi adaptado nun episodio do mesmo nome da segunda tempada de Thomas & Friends.O conto Wooly Bear en YouTube
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Lepidópteros Categoría:Animais descritos en 1797