Tweetie Pie é unha curtametraxe estadounidense de animación estreada en 1947 e dirixida por Friz Freleng. A historia orixinal foi escrita por Tedd Pierce e Michael Maltese. Está protagonizado por Mel Blanc e Bea Benaderet, e conta a historia de Tweety e Sylvester, que nesta curta recibe o nome de "Thomas".

Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 20ª edición dos premios, rachando a racha de Tom and Jerry de catro vitorias consecutivas e conseguindo a primeira para Warner Bros. Cartoons.

Notas

Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada