miniatura|Caldo galego. Caldo é un termo da cociña que designa a substancia obtida ao cocer en auga un ou varios xéneros. Dependendo do xénero hai varios tipos de caldos:
Caldo de carne Caldo de peixe Caldo de verduras
E ademais hai unha serie de preparacións específicas:
Caldo curto Fumet
En Galiza emprégase decote en referencia ao caldo galego, prato que se compón xeralmente de verdura, patacas e carne, todo cocido con unto.
Hai moitos tipos de caldo: Branco, feito con fabas e sen verdura. Caldo de pucheiro, de galiña, caldo limpo, caldo pobre etc.
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos velouté
Categoría:Sopas