A lagoa de Fomiñá é un corpo de auga situado na parroquia de Fomiñá, no concello de Pastoriza. Está situada a 460 msnm e ten unha superficie de 350 m². É unha lagoa de orixe kárstico. O terreo é calcario e as augas subterráneas foron minando a pedra ata que a superficie afundiu, creando a lagoa.
O río Miño miniatura|O río Miño en Fomiñá. Tradicionalmente considerouse a lagoa como a fonte do río Miño, ata que se determinou que a fonte orixinal era o Pedregal de Irimia. Con todo, en Fomiñá o Miño aumenta moito o seu caudal.
Contorno A lago ten un contorno fortemente humanizado, cunha estrada moi próxima e unha zona de lecer que a arrodea con camiños, zonas de descanso, esculturas etc. É punto de saída da ruta PR-G 153 Aguas de Fonmiñá.[https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/pr-g-153-aguas-de-fonmi%C3%B1a-a-pastoriza-33715.html|título=PR-G 153 Aguas de Fonmiñá|páxina-web=Páxinas Galegas}}
Notas
Fomiñá Categoría:Río Miño Categoría:Pastoriza