Mecklemburgo-Pomerania Occidental ou Mecklemburgo-AntepomeraniaVer entrada de «Schwerin». (en alemán Mecklenburg-Vorpommern e en baixo alemán Mekelborg-Vörpommern) é un dos 16 Estados de Alemaña. O estado limita polo norte co Mar Báltico, polo oeste con Schleswig-Holstein, ó suroeste coa Baixa Saxonia, polo sur con Brandeburgo e polo leste con Polonia, máis precisamente con Voivodia de Pomerania Occidental (Województwo zachodniopomorskie). Mecklenburg-Vorpommern posúe unha baixa densidade de poboación, preto de 80 hab./km². Algunhas cidades importantes son Rostock, Stralsund e Wismar.

miniatura|esquerda|Mecklenburgo e Pomerania. Historia A comezos do século XIX a case totalidade do territorio que hoxe forma parte de Mecklemburgo-Pomerania Occidental pasou a formar parte da Confederación do Rin, como consecuencia das Guerras Napoleónicas. Tralo congreso de Viena pasou a formar parte de Prusia.

Antes de 1990 formou parte da República Democrática Alemá (RDA).

División administrativa Distritos Mecklemburgo-Pomerania Occidental atópase actualmente dividida en seis distritos, chamados Kreise:

20px Ludwigslust-Parchim 20px Mecklenburgische Seenplatte 20px Nor-Mecklemburgo Occidental (Nordwestmecklenburg) 20px Rostock 20px Pomerania Occidental-Greifswald (Vorpommern-Greifswald) 20px Pomerania Occidental-Rügen (Vorpommern-Rügen)

miniatura|División administrativa

miniatura|Greifswald miniatura|Stralsund

Cidades independentes Ademais, existen dúas cidades independentes que non pertencen a distrito ningún:

20px Rostock. 20px Schwerin.

Economía Mecklemburgo-Pomerania Occidental é unha rexión de carácter predominantemente rural. Debido a isto a agricultura segue tendo un maior peso que noutros Estados Federados.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mecklemburgo Pomerania Occidental

Ligazóns externas

Portal do Goberno de Mecklenburgo-Pomerania Occidental (en alemán)

Categoría:Estados de Alemaña