Rosa María Mateo, nada en Burgos, 6 de xaneiro de 1943, é unha xornalista española.
Traxectoria En 1963 ingresou como locutora en Radio Nacional de España, incorporándose en 1966 aos servizos informativos de Televisión Española. Nunha primeira etapa, desenvolveu a súa carreira en La 2, daquela coñecida como UHF, en programas como La segunda cadena informa (1968). A principios dos anos 70 pasou á Primera canle, incorporándose ao recentemente estrenado Informe semanal de Pedro Erquicia, onde permanecería ata 1980.
Presentou tamén o Telediario, ata 1993 en que foi fichada por Antena 3 para facerse cargo do seu informativo Antena 3 Noticias de fin de semana. Permaneceu na canle privada, presentando na última época o informativo de madrugada, ata o ano 2003 en que o seu contrato se deu por finalizado.
Televisión La segunda cadena informa (1968) Buenas tardes (1970-1973) Informe semanal (1974-1980) Telediario (1973-1993) Crónica 3 (1981) con Jesús Hermida Fila 7 (1983) Al filo de la ley (1993) Antena 3 Noticias (1993-2003)
Premios e nomeamentos
TP de Oro á mellor presentadora (1972). Antena de Oro (1972). Premio Ondas, na categoría de Nacionais de Televisión (1974). Antena de Oro, na categoría de Traxectoria profesional (2003). Premio honorífico «Toda una vida» da Academia de Televisión (2007). Medalla ao Mérito no Traballo, outorgada polo Ministerio de Traballo e Inmigración (2010). Premio Exxpopress Honorífico, outorgado polo Clube Exxpopress de Periodistas de Galicia, en recoñecemento á súa traxectoria profesional (2013). Premio Margarita Rivière ao rigor periodístico con visión de xénero, outorgado pola Asociación de Mulleres Periodistas de Cataluña (2018). Premio Avogados de Atocha, pola súa defensa dos dereitos humanos e a loita pola liberdade, outorgado por CCOO Castilla-La Mancha e a Fundación Instituto de Estudios Sociais de CCOO (2019). Premio de Comunicación Manuel Alonso Vicedo, en recoñecemento á súa traxectoria profesional (2019).
Mateo, Rosa María Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Burgos Categoría:Presentadores de Televisión Española Categoría:Presentadores de televisión de Castela e León Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Premio Ondas