US-KMO foi unha serie de satélites da Unión Soviética da segunda xeración do sistema de alerta temperá Oko-1. Eran o compoñente do sistema que usaba órbita xeoestacionaria.

Características Os satélites US-KMO ían substituír os US-KS e o seu desenvolvemento comezou en 1979. A diferencia dos satélites de primeira xeración, deseñados só para detectar lanzamentos de mísiles balísticos intercontinentais (ICBM) desde terra, os US-KMO eran tamén capaces de detectar lanzamentos desde submarinos e ademais poder mirar en vertical cara a abaixo. O instrumento principal dos satélites era un telescopio infravermello cun diámetro de 1 m e un parasol de 4,5 m. O sistema finalmente constaba de sete satélites en órbita xeoestacionaria e catro en órbitas fortemente elípticas. Tódolos US-KMO foron lanzados mediante foguetes Proton K/DM-2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotas14 de febreiro de 1991US-KMO 1Proton K/DM-2Éxito17 de decembro de 1992US-KMO 2Proton K/DM-2Éxito6 de xullo de 1994US-KMO 3Proton K/DM-2Éxito29 de abril de 1998US-KMO 4Proton K/DM-2Éxito24 de agosto de 2001US-KMO 5Proton K/DM-2Éxito24 de abril de 2003US-KMO 6Proton K/DM-2Éxito26 de xuño de 2008US-KMO 7Proton K/DM-2Éxito30 de marzo de 2012US-KMO 8Proton K/DM-2Éxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proton K/DM-2 US-K US-KS

Categoría:Satélites artificiais