A Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia é un organismo consultivo da Xunta de Galicia adscrito á Consellaría de Presidencia, Xustiza e Administración Local. Ten como función principal informar de xeito vinculante sobre a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das entidades locais galegas.
Historia
Creouse coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, desenvolveuse cos decretos 258/1992, 369/1998 (modificado polo decreto 73/2006) e regulouse co decreto 19/2010, do 11 de febreiro.
O Decreto 19/2010 establece que ningún concello ou entidade local pode utilizar un escudo ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta, salvo excepcións previas á transferencia de competencias.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Heráldica
Categoría:Xunta de Galicia