US-KS foi unha serie de satélites da Unión Soviética que formaban a compoñente en órbita xeoestacionaria do sistema soviético Oko-S de alerta temperá.
Características Os satélites US-KS eran case idénticos aos US-K e estaban compostos por tres subsistemas: o bloque motor, o compartimento para dispositivos e o compartimento para a óptica, todo montado nunha estrutura cilíndrica de 2 m de longo e 1,7 m de diámetro. Os satélites tiñan unha masa duns 2400 kg, 1150 kg dos cales eran propelente. Estaban estabilizados nos tres eixos e usaban telescopios cun espello de 50 cm de diámetro que alimentaba un sistema de detección formado por unha matriz de sensores no infravermello para detectar a radiación térmica dos motores dos mísiles. Ademais do telescopio principal, os satélites tiñan varios telescopios máis pequenos para proporcionar unha visión en gran angular da Terra no infravermello e no visible. As imaxes transmitíanse ás estacións de terra en tempo real.
O despregue operativo dos US-KS comezou en 1984, aínda que en 1975 lanzouse un modelo experimental á órbita xeoestacionaria. Desde esta órbita os satélites complementaban aos xa existentes en órbitas altamente elípticas, fortalecendo o sistema. Foron lanzados mediante foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotas8 de outubro de 1975US-KS 1Proton K/DMÉxito29 de marzo de 1984US-KS 2Proton K/DMÉxito21 de febreiro de 1985US-KS 3Proton K/DMÉxito28 de outubro de 1987US-KS 4Proton K/DM-2Éxito13 de setembro de 1991US-KS 5Proton K/DM-2Éxito10 de setembro de 1992US-KS 6Proton K/DM-2Éxito14 de agosto de 1997US-KS 7Proton K/DM-2Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Proton K/DM Proton K/DM-2 US-K US-KMO
Categoría:Satélites artificiais