Ares Galaxy é un programa de intercambio de arquivos peer-to-peer.
Características O seu creador descríbeo como similar a Kazaa. Inicialmente Ares usaba a rede Gnutella, pero seis meses despois da súa creación, comezou a empregar a súa propia rede.
Hai varias razóns polas que a xente prefire o Ares Galaxy sobre outras redes coma Kazaa ou Gnutella. Os defensores do programa din que ten unha maior velocidade de descarga, non ten spyware nin adware, e posúe un eficiente e rápido sistema de busca. Ares tamén posúe a opción adicional das salas de chat. E, ó contrario que Kazaa, non está sendo perseguido pola RIAA (Recording Industry Association of America).
Véxase tamén Outros artigos Kazaa eMule Bit Torrent P2P
Categoría:Aplicacións informáticas