Froilán II, ou Froila II, Adefónsiz (en castelán e asturiano Fruela) nado cara o 874 (fl. 886) e finado en agosto de 925, foi rei de Asturias entre 910 e 924, e rei de toda Galiza desde 924 ata 925Outros historiadores prefiren diferenciar entre reino de Galiza e o de León, en troques de usar o termo "rei de toda Galiza".. O seu pai era Afonso III e a súa nai Ximena Garcés de Pamplona. En 910 Froila e dous dos seus irmáns destituíron ao seu pai e dividiron o reino entre eles. Froila, o irmán menor, levou a parte norte (Asturias); Ordoño tomou Galicia; e García, o maior, levou León.
Traxectoria Froila mantiña boas relacións co seu irmán Ordoño II, quen aparentemente tiña a hexemonía. Conspiraron para lle arrebatar o trono a seu pai, e Froila asinou os diplomas de Ordoño como Froila frater confirmat ("Froila o irmán confirma"). Cando Ordoño morreu en 924, os magnates e o clero non fixeron caso dos seus herdeiros e elixiron rei a Froila na cidade de León. Froila nunca fora popular entre os nobres e os seus súbditos, e a súa elección foi posta en dúbida por algúns, que a vían como unha probable usurpación. Asasinou a Gebuldo e Aresindo, fillos de Olmundo, que afirmaban descender do rei Vitiza e, así, alienou aínda máis á nobreza. Por isto, relátase nas crónicas, foi condenado a un reinado de só catorce meses. Segundo Ramón Menéndez Pidal, exiliou ao bispo Frunimio de León, parente de Olmundo. En calquera caso, só reinou catorce meses e morreu de lepra en agosto de 925.
Tras a morte de Froila, houbo varios demandantes, entre eles o seu irmán menor Ramiro (que parece que casou coa raíña viúva Urraca e usou o título real pero finalmente non tivo éxito) e os fillos do seu irmán Ordoño II, xunto con os seus propios fillos pequenos. Hai certo debate sobre a inmediata sucesión, aínda que finalmente, a súa familia perdeu ante a do seu irmán Ordoño.
Segundo o bispo Paio, deixou tres fillos de Nunila: Afonso, Ordoño e Ramiro. Ibn Khaldún dálle a Ordoño e Ramiro a Urraca e deixa aberta a posibilidade doutros fillos de calquera das dúas esposas.
Familia Froila casou dúas veces, a antes de 911 con Nomilia Ximénez (tamén coñecida como Nunilo Ximena), filla do rei de Navarra Sancho Garcés. Porén en 917 xa estaba casado coa súa segunda esposa, Urraca bint Abd Allah, filla do gobernador Banu Qasi de Tudela. Dos seus matrimonios tivo polo menos tres fillos, Afonso, Ramiro e Ordoño, dos cales ningún herdaría o trono.
Descendencia Tivo catro fillos: Afonso Froilaz, con Nunila. Ordoño Froilaz, con Nunila ou Urraca. Ramiro Froilaz, con Nunila ou Urraca. Aznar Fuela, fillo bastardo.
Ascendencia Devanceiros de Froila II
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de reis de Galicia Lista de reis de León
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Nados en 875 Categoría:Finados en 925 Categoría:Finados por lepra