Christiaan Hendrik Persoon, nado na Colonia do Cabo (Cabo de Boa Esperanza, Suráfrica) o 31 de decembro de 1761 e finado en París o 16 de novembro de 1836, foi un micólogo da Colonia do Cabo que foi un dos fundadores da taxonomía micolóxica. Traxectoria Foi o terceiro fillo dun inmigrante de Pomerania, Christiaan Daniel Persoon, e dunha nai holandesa, Wilhelmina Elizabeth Groenwald. A súa nai morreu pouco despois de que nacese. En 1775, á idade de 13 anos, enviárono a Europa para a súa educación. O seu pai morreu un ano despois en 1776.
Inicialmente foi estudante de teoloxía en Halle, mais despois cambiou os seus estudos á Medicina, que cursou en Leiden e despois en Gotinga. Obtivo o doutoramento da Deutsche Akademie der Naturforscher en Erlangen en 1799.de Zeeuw, R. (1939). Notes on the life of Persoon. Mycologia 31(3): 369-70.
Trasladouse a vivir a París en 1803, onde pasaría o resto da súa vida, vivindo de alugueiro no piso superior dunha casa nun barrio pobre da cidade. Aparentemente estaba desempregado, solteiro, na pobreza e facía unha vida moi solitaria, aínda que mantiña correspondencia con botánicos de toda Europa. Debido ás súas dificiultades económicas, Persoon doou o seu herbario á Casa de Orange en troco dunha adecuada pensión vitalicia.Petersen R.H. (1977). Some brief reflections on C.H. Persoon. Kew Bulletin 31(3):695-98.
Carreira académica
A orixe do interese de Persoon pola Botánica non se coñece. A súa primeira obra foi Abbildungen der Schwämme (Ilustrations dos fungos), publicada en tres partes en 1790, 1791 e 1793. En 1794, introduciu o termo lirela (lirella) para os ascomas con sucos do lique do xénero Graphis. De 1805 a 1807, publicou dous volumes da súa Synopsis plantarum,Synopsis plantarum () unha obra popular que describía 20.000 especies de todo tipo de plantas. Mais o seu traballo pioneiro fíxoo sobre fungos, sobre os cales publicou varias obras, comezando por Synopsis methodica fungorum (1801); este foi o seu punto de partida para a nomenclatura dos Uredinales, Ustilaginales e Gasteromycetes. Persoon describiu moitas especies políporas; a maioría procedentes das súas propias recoleccións en Europa central, aínda que varias outras eran especies tropicais que lle enviaban das coleccións feitas polo botánico francés Charles Gaudichaud-Beaupré durante as súas expedicións arredor do mundo. Estes últimos fungos están entre os primeiros políporos tropicais que se describiron cientificamente. En 1815, Persoon foi elixido membro correspondente da Real Academia Sueca das Ciencias.
Persoon foi un autor prolífico de novas especies de fungos, dos cales describiu formalmente 2269 ao longo da súa carreira.
Recoñecemento O xénero Persoonia, unha variedade de pequenas árbores e arbustos australianas, foi nomeada así na súa honra. A revista de filoxenia molecular e evolución fúnxica Persoonia é unha revista científica bianual sobre fungos que leva o seu nome, publicada conxuntamente polo Herbario Nacional dos Países Baixos e o Centro de Diversidade Fúnxica CBS.
A abreviación Pers. utilízase para indicar a súa autoría ao citar un nome botánico.International Plan Names Index Pers.
Notas Duane Isely, One hundred and one botanists (Iowa State University Press, 1994), pp. 124–126.
Véxase tamén Ligazóns externas
Christian Hendrik Persoon Persoonia Arquivos botánicos do Instituto Hunt
Categoría:Nados en 1761 Categoría:Finados en 1836 Categoría:Micólogos Categoría:Botánicos de Alemaña