Maná é unha banda mexicana de Rock fundada en 1987 de grande éxito.

A banda ten gañado catro premios Grammy, sete Premios Grammy Latinos, cinco MTV Video Music Awards Latinoamérica, cinco Premios Juventud, quince Premios Billboard de la Música Latina e quince dos Premios Lo Nuestro. Ademais obtivo múltiples premios polo seu labor a favor do ecoloxismohttp://capsuladelrock.wordpress.com/mana-sabias-que/. En 2012 formaron parte do paseo do rock en Hollywood, Estados Unidos.

O son da banda baséase no rock latino, ritmos latinos, pop latino e o rock en español.http://www.allmusic.com/artist/man%C3%A1-mn0000673621/biography Nun principio recibiron o éxito comercial internacional en México, Australia e España, e dende aquela teñen gañado popularidade e a exposición en toda América Latina, Estados Unidos, Europa Occidental, Asia e Oriente Medio. Maná ten vendido máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, sendo unha das bandas de rock en castelán con maior rexistro de vendas.

Formación Integrantes Maná (empezou en 1987) Fernando Olvera, voz (1987-) Juan Diego Calleros, Baixo (1987-) Sergio Vallin, guitarra (1995-) Alejandro González Trujillo, batería (1987-)

Ex-integrantes Ulises Calleros, guitarra (1987-1992) Iván González, teclados (1992-1994) Cesar López "Vampiro", guitarra (1992-1994)

Músicos invitados Juan Carlos Toribio, teclados (desde 1995) Fernando Vallín, guitarras e coros (desde 2002)

Colaboracións Alejandro Lora, en Falta amor Sebastián Trepode Carlos Santana, en Corazón espinado e todo o disco Revolución de amor. Rubén Blades, en Sábanas Frías Zucchero, en Baila morena e en Eres mi religión (en italiano) Juan Luis Guerra, en Bendita tu luz Shakira, en Mi verdad no álbum Cama incendiada (2015)

Maná en Galicia Maná visitou Galicia en varias ocasións a nivel profesional actuando por exemplo en Cambados en 2003 durante a súa xira Revolución de Amor. Tamén visitaron varias veces a cidade da Coruña (a última vez o 26 de agosto de 2015 durante a súa xira Cama incendiada)Noticia do concerto de Maná na Coruña en 2015 en La Voz de Galicia.

Discografía Álbums Maná (1987) Falta amor (1989) ¿Dónde jugarán los niños? (1991) Cuando los ángeles lloran (1995) Sueños líquidos (1997) Revolución de amor (2002) Amar es combatir (2006) Arde el cielo (2008) Drama y luz (2011) Exiliados en la Bahía: Lo Mejor de Maná (Recompilatorio - 2012) Você É Minha Religião: O Melhor de Maná (Recompilatorio - 2013) Cama incendiada (2015)

Discos en Vivo e DVDs Maná en vivo (1994) Maná MTV Unplugged (1999) Esenciales (2003) Acceso Total (2004)

Fundación Selva Negra Maná constituíu a Fundación Selva Negra en 1995 coa dirección de Mari González e Augusto Benavides para financiar e apoiar importantes proxectos destinados a protexer o medio ambiente. Tamén co apoio do goberno de México nos esforzos para salvar a tartaruga mariña mediante o aumento de 140.000 ovos de tartaruga para a liberación na costa pacífica do país. O 7 de abril de 2008 Maná e a Fundación Selva Negra foron nomeados "Campión de Saúde"http://capsuladelrock.wordpress.com/mana-sabias-que/ (En Español) pola Organización Panamericana de la Salud durante a celebración do Día Mundial da Saúde 2008 na sede da OPS en Washington

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Maná A historia de Maná (ata 1999)

Categoría:Grupos musicais de México