León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.
Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².
Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.
Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:
Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira. Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen"http://www.educa.jcyl.es/es/temas/idiomas-bilinguismo/programa-promocion-lengua-gallega-castilla-leon. A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.
Xeografía política Comarcas tradicionais
O Bierzo, conta co único ente comarcal recoñecido polo Estatuto de Autonomía de Castela e León e que comprende na actualidade outras antigas comarcas como La Cabrera, os Ancares leoneses ou a Terra de Aguiar; Na parte occidental da comarca fálase o galego amecido co leonés en diversos graos. Páramo Leonés Laciana Val de Gordón A Maragatería Babia La Cepeda La Valduerna Ribera del Órbigo Cabreira Valdería La Sobarriba Tierra de Campos Omaña Luna Los Argüellos Tierra de Ordás
Comarcas agrarias
A provincia está dividida en dez comarcas agrarias:
O Bierzo A Cabreira Esla-Campos Montaña de Luna Montaña de Riaño El Páramo Astorga La Bañeza Tierras de León Sahagún
Demografía
Monumentos e lugares de interese León Catedral de Santa María da Regra de León Basílica de Santo Isidoro de León Casa Botines Hostal de San Marcos de León Palacio de los Guzmanes
Astorga Conxunto histórico urbano Palacio Episcopal de Astorga Catedral de Santa María Ergástula romana Casa do concello
Ponferrada Castelo de Ponferrada Basílica de la Encina Casa do concello
Sahagún Igrexa da Peregrina Igrexa de San Lourenzo Igrexa de San Tirso Ermida da Virgen del Puente Ermida de San Juan de Sahagún Restos da Abadía Beneditina
Vilafranca do Bierzo Conxunto histórico urbano Igrexaa de Santiago Igrexaa de San Francisco
Outras localidades: Arbas del Puerto: Colexiata de Santa María Carracedo do Bierzo: mosteiro Carucedo: As Médulas Castrillo de los Polvazares: conxunto histórico Compludo: ferrería Gradefes: mosteiro de Santa María de Gradefes Lois: igrexa Mansilla de las Mulas: recinto murado Peñalba de Santiago: igrexa mozárabe de Santiago San Miguel de Escalada: mosteiro de San Miguel Santo Tomás de las Ollas: igrexa prerrománica Vallecillo: igrexa Valporquero de Torío: cova de Valporquero Villaverde de Sandoval: mosteiro de Santa María
Notas e referencias
Leon Categoría:Provincias de Castela e León