Wallace e Gromit: Os pantalóns trabucados (en ) é unha curtametraxe animada británica de 1993 dirixida por Nick Park. Animada en stop-motion e producida por Aardman Animations, foi coescrita por Park, Bob Baker e Brian Sibley. É a segunda entrega da serie Wallace e Gromit despois de Wallace e Gromit: A aventura espacial (1989). Na curtametraxe, Wallace (Peter Sallis) e Gromit atópanse no punto de mira dun pingüín malvado, que usa o último invento de Wallace, uns pantalóns robóticos, para roubar un diamante do museo da cidade.

Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 66ª edición dos premios.

Estreouse en galego en liña o 30 de decembro de 2025 na plataforma do Xabarín Club.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego