Vilar é a aldea con maior número de habitantes dos 8 núcleos de poboación da parroquia de San Lourenzo de Pousada, sendo tamén a segunda maior aldea de todo o concello de Baleira. Dista uns 3,5 quilómetros da cabeceira do concello, O Cádavo.

Xeografía A actividade da poboación é maiormente gandeira e agrícola. Situada na parte superior do chamado Val do Pedroso, entre a serra serra da Legúa (960 m) e Vilar-Quintá (650 m), está vetada polos arroios de Pacios e o da Esperela, tendo unha orografía case chá. No tocante ás comunicacións terrestres, a aldea está atravesada pola estrada LU-710, que a comunica a 11 km coa A-6 (no quilómetro 465) e coa cabeza do concello a 3,5 km.

Patrimonio O edificio máis destacado é o antigo colexio público, de planta rectangular de dúas plantas (80 m² por planta), construído en granito e pedra a dúas augas e artesoados en madeira. A fachada principal presenta na segunda planta unha galería de madeira sustentada por catro columnas hexagonais de granito. Recentemente foi restaurada.

Lugares e parroquias Lugares de Pousada

Parroquias de Baleira

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baleira

Categoría:Lugares de Baleira