Jeppe Aakjær, nado en Fly Sogn (Skive) o 10 de setembro de 1866 e finado en Jenle o 22 de abril de 1930, foi un poeta e novelista danés.
Traxectoria Autor de contos, novelas e poesías que recollen a dura vida campesiña de Xutlandia, en parte baseada na súa propia experiencia persoal como fillo de labregos. No cambio de século traballa como xornalista en Copenhaguen, onde se ve atraído polas ideas do socialismo. En 1907 volta á súa Xutlandia natal para se dedicar á súa actividade literaria e á educación dos campesiños.
Moitos compositores escandinavos do século XX utilizaron os seus poemas como letra para as súas cancións, entre os que destaca Carl Nielsen.
Obras Bondens Sen ("O fillo do labrego"; novela, 1899) Vredens børn ("Os fillos da ira"; novela, 1904) Rugens Sange ("O canto do segador"; poesía, 1906) Under Aftenstjernen ("Baixo a estrela da tarde"; poesía, 1906)
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Dinamarca Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa Categoría:Nados na rexión de Midtjylland Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1930