A lingua bunun (en ) é unha lingua formosana falada polo pobo bunun de Taiwán. Pertence ao grupo xeográfico de linguas austronesias, e subdivídese en cinco dialectos: isbukun, takbunuaz, takivatan, takibaka e takituduh. O isbukun, o dialecto dominante, fálase principalmente no sur de Taiwán. O takbunuaz e o takivatan fálanse principalmente no centro do país. Tanto o takibaka como o takituduh son dialectos do norte. Un sexto dialecto, o takipulan, extinguiuse na década de 1970. O bunun está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O pobo saaroa e o kanakanavu, dous grupos minoritarios máis pequenos que comparten o seu territorio cun grupo isbukun bunun, tamén adoptaron o bunun como lingua vernácula.

Nome O nome bunun quere dicir literalmente "humano" ou "home".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas de Taiwán Categoría:Linguas formosanas Categoría:Linguas aglutinantes