A República Soviética Independiente de Galicia foi proclamada en Ourense en 1932 e tan só durou unhas horas.

Historia Os feitos producíronse en Ourense, no contexto dunha folga de traballadores das obras do ferrocarril entre Zamora e A Coruña, que protestaban ante a decisión do goberno republicano de paralizar os traballos de construción da liña. A madrugada do 22 de marzo de 1932, os obreiros ocuparon a sede do goberno civil en Ourense e pecharon ó gobernador nun cuarto. Alí, o doutor comunista Antonio Fernández Carnicero e outros cinco compañeiros, retiraron a bandeira republicana e izaron unha cunha fouce e un martelo que dicía en letras douradas: República Soviética Independiente de Galicia. A revolta levou a que varios concellos da Seabra pedisen a súa adhesión a Galicia, e sendo retiradas nos indicadores da comarca as referencias á provincia de Zamora, que foron substituídas polas da provincia de Ourense.

Ás poucas horas a bandeira foi retirada, segundo conta Luís Soto no seu libro Castelao, a U.P.G. e outras memorias. Con todo, a mobilización conseguiu o obxectivo inicial de que o goberno retomase as obras do ferrocarril.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Castelao, a U.P.G. e outras memorias, Luís Soto.

Outros artigos Primeira República Galega

Ligazóns externas

Categoría:1932 en Galicia