Unha bicicleta () (do francés bicyclette, e este do latín bis, "dúas veces", e do grego κύκλος, kúklos, "círculo") é un vehículo sen motor de dúas rodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre os pedais, que é transmitida ás rodas.

O nome do vehículo moderno data de 1869. Varios antecedentes desta máquina foron coñecidos como velocípedes, nome que data do século XVIII.miniatura|200px|Carreira ciclista en Leipzig, 1960.|esquerdaEn moitos países a bicicleta é un dos principais medios de locomoción e de transporte de mercadorías para distancias curtas e medias. É un medio de transporte san, ecolóxico, sostible e moi económico, tanto para trasladarse por cidade coma por zonas rurais. O seu uso está especialmente difundido nos países da Europa central e nórdica e nos países pouco desenvolvidos. Tamén existen diversas modalidades deportivas que se practican con este vehículo.

Introducida no século XIX en Europa, tivo un impacto considerable na historia, tanto na cultura como na industria. No ano 1996 fabricáronse 101 millóns de bicicletas e só entre 1990 e 1996 máis de 700 millóns. No mundo hai máis de 1.000 millóns de bicicletas, máis do dobre que automóbiles, e a súa fabricación triplicou a destes todos os anos dende 1987.

Historia

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de xuño como o Día Mundial da Bicicleta co obxectivo de promover o uso da bicicleta como medio para fomentar o desenvolvemento sostible e reivindicar unhas infraestruturas seguras para andar en bicicleta (entre outras actividades físicas), un camiño para alcanzar unha maior equidade en materia de saúde .

Antecedentes

miniatura|esquerda|200px|Reprodución da bicicleta de Leonardo. miniatura|esquerda|200px|Evolución da bicicleta. miniatura|esquerda|200px|Diversos modelos de velocípedes, bicicletas e monociclos, 1887.

As primeiras noticias que se teñen sobre aparatos semellantes a unha bicicleta datan do ano 1490 aproximadamente, na obra "Codex Atlanticus" de Leonardo da Vinci. Neles pode verse un esbozo dunha bicicleta con transmisión de cadea impulsada por uns pedais, o mesmo método empregado pola maioría das actuais.

A bicicleta actual provén da evolución dunha serie de modelos de máquina de camiñar que apareceron en Europa a partir do século XVIII. O primeiro deles foi o velocifére, inventado polo conde de Sivrac en 1790, que se puxo de moda entre os mozos da alta sociedade. Tiña dúas rodas fixas suxeitas a unha pesada ponte de madeira. O condutor dábase impulso cos pés sobre o chan e para variar a dirección tiña que deterse e desviar a roda dianteira. En 1816 Karl von Drais introduciu a roda dianteira orientable, dando nacemento á draisienne, que en 1819 o inglés Krnught construíu en ferro. En 1861 Pierre Michaux, mecánico parisiense, instalou no eixo dianteiro da draisienne dúas manivelas que se puidesen accionar cos pés, a modo de pedais. Cunha roda dianteira de 1 metro de diámetro obtíñase un desenvolvemento de tres metros, co que efectuando 30 voltas de pedal por minuto se chegaba a unha velocidade de 5 km/h. A falta de suspensión mitigouse aumentando o tamaño da roda dianteira, o cal permitiu alcanzar maiores velocidades.PUIG I BOIX, J. La bicicleta: un vehículo para cambiar nuestras ciudades. En

Primeiros modelos Dentro desta liña evolutiva, o velocípede é un punto de transición. Os enxeñeiros ingleses James Starley e William Hillman patentaron en 1870 o primeiro modelo metálico, que foi gañando popularidade e estivo de moda ata a década de 1890. O velocípede tiña dúas rodas de tamaño desigual unidas por un arco sobre o cal se asentaba a sela, e as bielas exercían a súa forza directamente sobre o eixo da roda dianteira, a de maior tamaño. Os primeiros usuarios de velocípedes eran mozos de clase acomodada que cos seus vehículos comezaron a facer un uso diferente do espazo público que esixía unha certa coraxe e habilidade. Non era un vehículo apto para percorridos longos e as mulleres e as persoas de idade avanzada considerábano perigoso e inseguro.

A demanda de velocípedes máis rápidos orixinou a aparición do Rudge Ordinary, cunha roda dianteira de 1,40 m de diámetro. O interese de adecuar o velocípede a outros tipos de usuarios levou a facer experimentos como inverter as rodas, como no Pony Star, ou reducir a roda dianteira e atrasar a sela, como na bicyclette do británico H.J. Lawson. A adaptación da transmisión a base de cadea, catarina e piñón, obra de Lawson e do francés Guilmet en 1879 e mellorada por H. Renold en 1880, permitiu aumentar a velocidade. Estas innovacións e outras posteriores posibilitaron que a bicicleta pasase a ser un medio de transporte cun uso alén do estritamente deportivo.

Bicicleta moderna miniatura|150px|Alexander de Riquer, cartel anunciador dun salón de ciclismo en Madrid, 1897.|esquerdaminiatura|Bicicleta de estrada.Os elementos constitutivos da actual bicicleta foron inventados nas últimas décadas do século XIX: dínamo, pneumáticos, tensor de cambio, roda libre etc. O biciclo Rutge non superaba os 10 quilos de peso e o aspecto da bicicleta de J.L. Starley, a quen Lawson vendeu a súa patente, non difería moito do dunha actual: rodas con rodamentos, raios cruzados, transmisión por cadea, sela de coiro e suspensión.

En 1867 Adler recubriu a lamia da roda cunha banda de caucho e aplicou rodamentos aos eixos; en 1869 substituíronse os raios de madeira por outros de arame; en 1885 o suízo Renold inventou a cadea e aplicouna como modo de transmisión á roda traseira; John Boyd Dunlop inventou o sistema de cámara e cuberta de caucho en 1888, sendo un adolescente; no ano 1890 comézanse a construír os cadros con tubo metálico, deixando de lado a madeira e o metal macizo; en 1896 introducíronse os rodamentos de bólas, que permitiron liberar a roda motriz do eixo base dos pedais, xa que ata entón ambos conxuntos xiraban ao mesmo tempo, obrigando ao ciclista a manter as súas pernas en constante movemento; no mesmo ano os irmáns Wright incorporan os eixos selados, que permitiron manter unha lubricación constante dos rodamentos. Os progresos posteriores, despois do invento do cambio de marchas, foron mínimos ata a década de 1970

Nas décadas de 1960 e 1970 a contaminación atmosférica polos gases dos automóbiles e a crise mundial do petróleo incrementou o interese pola bicicleta. A popularidade da bicicleta aumentou e en moitas cidades establecéronse carrís para bicicleta e rutas exclusivas para ciclistas. A importancia dada á forma física nas décadas de 1970 e 1980 contribuíron á súa popularidade. Xeneralizouse a bicicleta de estrada lixeira de dez velocidades con freos de man e pneumáticos estreitos de alta presión. Na década de 1980 apareceron as bicicletas todo terreo, con pneumáticos de banda de rodaxe profunda e un cadro máis forte. Xa na década de 1990 fixeron aparición as eléctricas, que aumentaron a súa produción un 78% só en 1997.

miniatura|Desenvolvemento dunha roda de 700 mm, segundo o número de dentes das catarinas e dos piñóns.

Unha bicicleta que recibe un bo mantemento pode percorrer 300.000 km. Un ciclista gasta cinco veces menos enerxía (0,15 cal/gr.km) que unha persoa que camiña (0,75 cal/gr.km). Desprazarse en bicicleta pola cidade require 25 veces menos enerxía que facelo en transporte público e 53 veces menos que en automóbil. Mentres que o automóbil pode desprazar entre 120 e 220 persoas por metro de anchura de rúa e por hora, a unha velocidade de entre 15 e 25 km/h, a bicicleta pode desprazar 1.500 persoas na mesma dimensión de rúa entre 10 e 14 km/h. Ademais, no espazo que ocupa un coche aparcado poden deixarse 18 bicicletas.

Aspectos morfolóxicos e mecánicos miniatura|Ciclista montado nun velocípede en Cracovia, Polonia. miniatura|Tándem nun cadro de Casas, 1897. Tipos de bicicleta A principal clasificación das bicicletas toma en conta a función para a que están deseñadas. Así os principais tipos de bicicletas son:

Todo terreo (BTT) ou de montaña. É unha bicicleta destinada a terreos agrestes, polo que a resistencia das súas partes é un punto principal e tamén a protección das súas partes á lama e á terra. Ten diversas velocidades para adaptar o pedaleo ás diversas variacións do terreo. Cross ou BMX. É unha bicicleta de cadro e rodas de diámetro pequeno; o tamaño das súas rodas máis común é de 20" e é destinada principalmente a acrobacias e competicións de velocidade en saltos. Normalmente non ten cambio de velocidades, senón cunha relación fixa. Estática ou para exercicios. É unha bicicleta estática cunha soa roda cun sistema de fricción gradual que simula pendentes, un compoñente básico nun medidor de velocidade e mais un de quilometraxe. De estrada ou de carreiras. É unha bicicleta de cadro e rodas relativamente grandes onde a lixeireza é importante. Ten o guiador caído para que o ciclista adopte posicións aerodinámicas. Híbrida ou de cicloturismo. É unha bicicleta destinada á cidade ou a camiños en bo estado. O seu deseño presta atención á comodidade á custa de gañar peso con elementos como a sela e o guiador cómodos. Conta xeralmente cunha ou máis canastras para o transporte de obxectos e é común que teñan accesorios urbanos como timbres, espellos e luces. Para discapacitados. Hai varios tipos de bicicleta para xente con diversos tipos de discapacidade: handbikes (dirección, propulsión e freo acciónanse cos brazos), tándems (bicicletas con dobre pedal para discapacitados visuais que necesitan ir acompañados dun guía), triciclos (bicicletas de tres rodas para discapacitados con problemas de coordinación e equilibrio), cuadriciclos (bicicletas de catro rodas e dobre pedal para discapacitados psíquicos que van acompañados dun monitor ou acompañante). Artísticas. Teñen formas que non perseguen estritamente unha funcionalidade. Empréganse sobre todo en espectáculos, manifestacións na rúa e actividades festivas. Eléctricas. Están movidas por un pequeno motor eléctrico alimentado por unha batería. Algunhas cargan a batería con enerxía da rede, outras almacenan a enerxía cinética da bicicleta nos freados e hainas tamén que aproveitan a enerxía solar por medio duns paneis fotovoltaicos. De piñón fixo. Non teñen freos nin velocidades. Os pedais e a cadea moven ou deteñen a roda traseira, que se move sempre co piñón. A presión dos pés sobre as rodas e a derrapaxe lateral da roda traseira axudan a deter a bicicleta. Pregables. Unha serie de articulacións permiten reducir o tamaño da bicicleta a unha pequena parte do habitual. Idónea para un uso combinado con outros modos de transporte. Reclinadas. O ciclista adopta unha posición deitada durante o pedaleo. Chegan a desenvolver grandes velocidades debido á súa aerodinamicidade. A postura é máis ergonómica que a habitual. De carga. Teñen formas variadas, sendo unha delas a chamada bicicleta de Christiania. O cadro incorpora un cubículo no que viaxa a carga. Existen modelos axeitados para o transporte de viaxeiros.

Partes compoñentes

A grandes trazos, as partes da bicicleta en xeral son: centro|senmarco|500x500px Cadro: soporte de todos os demais elementos, constrúense en diversos talles e materiais. Transmisión: os pedais recollen a forza das pernas para transmitila á roda traseira. Freos: disipan a enerxía cinética para variar a velocidade da bicicleta. Rodas: hainas de raios, de bastóns ou lenticulares. Dirección: controla a traxectoria da bicicleta. Sela: adaptada á anatomía do ciclista para soportar o seu peso.

{| style="width:100%; background:none" | valign=top width=16%| Cadro 1 Tubo superior 2 Tubo inferior 3 Tubo da sela 4 Vaíña superior 5 Vaíña inferior 1px 1px 1px 1px 1px | valign=top width=16%| Transmisión